Inicio / Ideas / Perlas / O Making of dun proxecto eTwinning
.

O Making of dun proxecto eTwinning

16 
Xuñ 
2011  |  

makingoff

No cine, un making of, tamén denominado cómo se rodou, é un vídeo documental que amosa cómo foi a produción dunha película ou un programa de televisión. Os making of máis breves empréganse a miúdo para explicar o proceso de produción e recoñecer o traballo das persoas que participaron na rodaxe. Pero ¿que ten isto que ver cos proxectos eTwinning? Cada vez nos atopamos máis proxectos que  se caracterizan pola variedade de actividades que realizan os alumnos - presentacións de diapositivas, wikis, blogs, chats, videoconferencias - . Porén, non sempre é posible ver como se realizaron ou como se organizaron. Para calquera que non participe nun proxecto é interesante poder presenciar, como se fose un membro máis, o seu proceso, os axentes que participaron, os medios que se usaron, etc. Referímonos ó making of dun proxecto eTwinning.

Algúns proxectos xa empezan a documentar con videos algunhas das actividades que realizan os alumnos, especialmente aquelas das que non é fácil ter un rexistro, como as videoconferencias ou os chats. Este é o caso do proxecto  Día a Día,  no que a mestra Mar Bermejo, do CEIP San Juan Bautista de Madrid, gravou as videoconferencias que realizaron os seus alumnos de primaria cos seus socios no proxecto.

Video_Mar_Bermejo

Aínda que poidera parecelo, no resulta tan complicado elaborar estes vídeo documentais, que poden ser vídeos ou unha presentación de diapositivas e imaxes nas que se explique o proceso. Atopamos un exemplo de vídeo presentación no proxecto  Europe: Reading is also the Future - Europa: La Lettura è anche il Futuro - Europa: A Lectura tamén é o Futuro realizado polo Equipo de Infantil do Colexio Tremañes. Unha das actividades deste proxecto foi a realización de carteis de animación  á lectura entre os alumnos españois e os seus socios italianos e cóntannos como se realizou a actividade neste vídeo.

 

A vantaxe de realizar estes documentos é que permitimos ós demais non só visualizar o resultado da nosa actividade, senón tamén poder asistir como espectadores o seu desenvolvemento, ben sexan outros docentes ou membros da Comunidade Escolar, como os pais e nais dos nosos alumnos. Por outro lado, tamén recoñecemos o traballo que realizaron os alumnos e os profesores na actividade ou no proxecto que estamos amosando ós demais, as impresións que nos deixou, o que aprendemos, etc. Atopamos un exemplo na avaliación do proxecto  Teaching each other, coordinado por Carmen Fernández do IES de Poio de Galicia.

Desde o SNA animámosvos a que elaboredes os vosos propios "making of" das actividades ou proxectos que realicedes. Ademais das vantaxes que vos mencionamos, tamén vos serán útiles para a avaliación do proxecto e nas solicitudes de Selo de Calidade.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar