Inicio / Ideas / Perlas / Gran colección de arte eTwinning
.

Gran colección de arte eTwinning

13 
Feb 
2012  |  

ratones_artisticaA linguaxe artística constitúe unha das moitas formas de comunicación e representación do ser humano. Dentro del, o sentido educativo que ten a linguaxe plástica fomenta o sentido artístico e potencia a iniciativa e a expresión creativa do alumno. Á súa vez, esta linguaxe plástica –xunto á musical, que non tratamos neste artigo- está integrado na área de Educación Artística en Infantil e Primaria. Trátase dunha área que contribúe á adquisición, en maior ou menor medida, de distintas competencias básicas pero, sobre todo, contribúe á competencia cultural e artística.

E é que a expresión artística non só consiste en coñecer as técnicas, recursos e materiais de diferentes linguaxes artísticas, senón tamén en crear distintas producións plásticas que permitan ó alumnado observar e reflexionar sobre o entorno que lles rodea, expresarse e comunicarse, comprender diferentes realidades, respetar as contribucións artísticas alleas, traballar en equipo, etc. Ademais, o desenvolvemento de actividades de observación, expresión e creación plástica potencia  no alumnado as seguintes destrezas e estratexias:  intelixencia,  memoria, percepción, creatividade, imaxinación, participación e cooperación, comunicación e  autonomía e iniciativa. Todas estas capacidades e particularmente a participación, cooperación e comunicación están presentes en moitos dos proxectos eTwinning que se levan a cabo  na área de Educación Artística dos niveis de Infantil e Primaria. A continuación expoñémosvos auténticos exemplos disto.

No proxecto Mouse @rt alumnos de 13 países europeos e outras partes do mundo (Xapón, Burundi, Canadá e Estados Unidos) desenvolveron a súa creatividade e crearon unha auténtica colección de obras de arte. Pero trátase dunha colección peculiar, xa que está formada por ratos de ordenador deteriorados e inservibles que, transformados dun xeito orixinal e empregando diferentes técnicas e materiais, deron lugar a formas, tales como coches, animais, etc.  Ademais, as creacións plasmáronse en postais mediante Tux paint - unha ferramenta libre de debuxo para alumnos de 3 a 12 anos- e en animacións co programa Pivot Stickfigure Animator. As creacións compartíronse con todos os socios europeos a través do Twinspace e logo enviadas por correo postal. Sen dúbida todo un despregue de materiais, texturas, formas e cores nunha actividade que combina o respecto polo medio ambiente a través do reciclado, o uso das TIC para a creación das producións plásticas e a expresión e creación artística.

 

Work of Art Marathon é outro proxecto baseado na expresión e creación plástica. Nel os alumnos crearon debuxos, esculturas e outros elementos artísticos, que compartiron cos seus socios europeos, o que serviu de inspiración para uns e outros. Realizáronse esculturas de plastilina de moi diversas formas, empregaron variadas técnicas de pintura e debuxo para plasmar os elementos presentes no entorno, deseñaron cubertas de CD, trasformaron zapatos vellos en paxaros, decoraron as paredes, etc. Todas as creacións se acompañan de pequenas historias con elas relacionadas e recollidas en imaxes fixas para logo compartilas a través de presentacións dinámicas publicadas no blog do proxecto. Con todas estas actividades relacionadas co descubrimento das posibilidades artísticas que ofrece o entorno, os alumnos compartiron e aprenderon acerca da arte dos diferentes países. Accede ó TwinSpace do proxecto ou ó blog creado para a difusión das creacións.


 

origamiwonders

En Origami Wonders, que conta coa participación do Colexio Rural Agrupado La Sabina (Villafranca de Ebro, Zaragoza), os alumnos españois, polacos, rumanos e turcos aprenderon e perfeccionaron a arte do origami ou papiroflexia, unha técnica xaponesa para facer obxectos mediante o uso de follas de papel. O proceso de traballo consistiu en buscar e seleccionar diagramas e planos e elaborar videotitoriais propios para posteriormente crear figuras e compartilas cos seus compañeiros socios mediante o TwinSpace e a wiki do proxecto. Todo un proceso de creación artística que implicou un traballo cooperativo e o emprego das TIC para a difusión dos traballos elaborados. Ademais, este proxecto contribúe ó desenvolvemento dalgunhas competencias básicas, ó verse melloradas as habilidades lingüísticas dos alumnos grazas ó intercambio comunicativo que se produce nas actividades, tratarse a información e empregarse a tecnoloxía como ferramenta de busca de información e abordarse conceptos matemáticos na creación das propias figuras. O seguinte vídeo corresponde ó conto "Pablo contra o cambio climático" realizado polo centro español con papiroflexia para a representación dun kamishibai, unha forma tradicional xaponesa de contar historias.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar