Inicio / Ideas / Perlas / 'Personalizando' eTwinning
.

'Personalizando' eTwinning

07 
Abr 
2014  |  

personalizando eTwinning

Como Servizo Nacional de Apoio realizamos seguimento dos distintos proxectos  a miúdo atopámonos  con inxeniosas propostas  como as que hoxe vos describimos neste artigo. ¿Por que non crear carnets personalizados dos alumnos que os identifiquen como membros activos dun proxecto eTwinning? ¿Aumentaría isto a súa motivación polo proxecto? Vexamos o que nos contan varios profesores que implementaron esta iniciativa nos seus proxectos.

Proxecto 'Young journalists without borders'. Centro español participante: CEIP Ventura Rodríguez (Ciempozuelos- Madrid). Docente: Javier Arias Bonell.

Durante o curso 2012-1013 participamos nun proxecto titulado Young journalists without borders cuxo  obxectivo primordial era a mellora das habilidades comunicativas a través da creación dun xornal dixital.

Co  transcorrer dos anos fomos buscando, desde os nosos comezos en 2005, unha maior e crecente participación activa do alumnado en todas as fases dun proxecto. As súas  iniciativas e propostas enriqueceron notablemente os nosos proxectos demostrándonos  ós mestres que a creatividade e a motivación non ten límites  polo  que é necesario deixalos tomar decisións.

Unha vez deseñado o xornal, o título, as seccións e outras medidas organizativas, os propios alumnos expuxéronnos ós profesores o deseño dun carné-pasaporte de xornalista que utilizaríamos en todas as nosas actividades como reporteiros, incluíndoa como “firma” das  propias producións (noticias, entrevistas, reportaxes,…)  como documento identificativo de cara a toda a comunidade escolar.

Desde o primeiro momento esta iniciativa supuxo un elemento moi motivador e contribuíu a  acentuar o seu sentimento de pertenza a un grupo. Un sentimento que logrou mellorar a convivencia ó facer explícitos obxectivos compartidos e traballo en común; pero tamén axudou a que vivenciaran que ese “grupo” ía máis alá das paredes da escola ampliándose a un “gran grupo europeo”.   O carné-pasaporte foi unha idea suxerente e aglutinadora mediante a cal se identificaron como membros dunha comunidade.

Os alumnos de todos os países participantes (República Checa, Turquía  e España) crearon as súas propostas con total liberdade creadora pero a partir dunhas breves premisas pactadas con eles (que apareceran referencias ós países, o título do proxecto e algunha alusión ó término Etwinning)  e subíronse ó Twinspace  do proxecto nunha carpeta creada para este fin.

 

resumencarnets proyecto young journalists

 

O paso seguinte foi a selección dun mesmo modelo para todos os alumnos/reporteiros  que se levou a cabo mediante votación, bastante disputada xa que había moitos bocetos de gran calidade, realizada por Skype e mediante o diálogo establecido no Pupils Corner.

Todo isto proporciona seguridade, confianza, fainos sentirse importantes  e promove valores de cooperación e respecto,  o que nos leva a ampliar horizontes, derribar fronteiras e establecer un diálogo intercultural respectando a diversidade lingüística e cultural que son a base da Acción eTwinning.

 

separadorProxecto: 'Mieux vivre ensemble'. Centro español participante: IES Leopoldo Queipo (Melilla). Docentes: Francisco Javier Alés Fernández e José Antonio Sánchez Ojeda.

A principios deste curso 2013-2014 surxe a idea no noso centro educativo de que os alumnos posúan un carné identificativo para ter ó alcance da man os datos de acceso á plataforma.  Víamos que, ademais deste aspecto práctico, podíamos alcanzar varios obxectivos: que os alumnos se sentiran parte máis activa do proxecto, que fose un distintivo da súa participación e de recoñecemento entre os seus compañeiros, profesores e pais.

Desde o blog de embaixadores eTwinning, Don José Antonio Sánchez, o noso embaixador en Melilla compartiu esta idea:

 

Mieux vivre ensemble 1

… Desde setembro do presente curso 2013-2014, os alumnos do IES Leopoldo Queipo que participan no proxecto "Mieux Vivre Ensemble" dispón dun carnet identificativo …  Cremos que o feito de que os alumnos dispoñan dun carnet serviu de motivación por varios motivos: 

1º) Síntense parte máis activa do proxecto, ó estar identificados, especialmente nos desprazamentos que realizamos periódicamente á Sala de Informática do noso centro.

2º) Teñen presente continuamente os seus datos de acceso (nome e contrasinal) ó Twinspace.

 Figura 1. Descrición do deseño do carnet.

 3º) Fan ver ás súas familias, compañeiros e amigos  a seriedade das actividades que realizan.

Convencidos da súa utilidade, pois, desde o noso centro educativo, o IES Leopoldo Queipo de Melilla (http://www.iesleopoldoqueipo.com/), mediante este artigo,  preténdese explicar cómo se xeraron estes carnés dunha maneira sinxela a partir dos carnés do centro educativo en formato dixital.

Para isto empregouse a fantástica ferramenta de edición fotográfica GIMP (http://www.gimp.org) , que ademais de ser multiplataforma, é libre, é gratuíta, e é actualizada con frecuencia.  Partimos, pois, dun documento PDF xerado polo software do noso instituto, onde figuran os carnés do centro educativo para cada clase e etapa. Aparécennos, así, seis por páxina, listo para imprimir, cos datos de nome, apelidos, curso, e fotografía dos alumnos.  De todos estes datos só empregamos a fotografía, pois no novo deseño pareceunos que se presentaba algo pobre a rotulación do resto de datos, e de todas formas só necesitamos LOGIN e PASSWORD, que se xeran automáticamente cunha folla de cálculo.  Isto faise con cada grupo de alumnos participantes nalgún proxecto eTwinning.

A parte máis creativa será o deseño do carnet. Para isto buscamos unha simboloxía fácil de entender, un deseño agradable e que teña certa similitude coas cores e imaxes que podemos atopar na Web respecto a eTwinning, sempre procurando usar imaxes libres de licenza e dereitos.  Nas plataformas eTwinning podemos atopar bastantes, e de feito son as que empregamos para lanzar a mensaxe de que nos gusta eTwinning. 

Mieux vivre ensemble 2

 Figura 2. Proceso de xeración de carnets.

A partir do documento de carnés do centro como capa de fondo en GIMP, só debemos superpoñer a capa de carnés deseñados para eTwinning, xunto cos datos de LOGIN e PASSWORD, que podemos engadir coa ferramenta de texto de GIMP, como capas novas.  Máis tarde, se se desexa, pódense combinar todas estas capas de texto, ou reutilizalas cada vez que vaiamos a xerar carnets para outros grupos.

Este é un proceso sinxelo, no que, incluso, se pode facer participar ós alumnos en materias como Informática, Tecnoloxía da Información ou en materias de Ciclos Formativos como as que se imparten no noso centro, facendo uso das TIC.

Podémonos dar conta de que en pouco tempo obtemos os novos carnés, listos para imprimir e ser usados polos alumnos.

Mieux vivre ensemble 3

Figura 3.  Uso de GIMP xerando carnets

Tamén hai que dicir que o noso embaixador eTwinning solicitou no blog de embaixadores que se automatice a creación destes carnés na plataforma eTwinning, para que os propios alumnos poidan crealos e imprimilos eles mesmos, despois de ter sido dados de alta polos seus profesores responsables, asegurándose sempre de que se respecta a privacidade dos seus datos.

… ocórresenos ós profesores que integramos o equipo eTwinning do noso centro que, talvez, o SNA poidera recoller a suxerencia de que o sistema xerase, automáticamente ó dar de alta un proxecto, un modelo de carnet que poidésemos personalizar insertando campos como o logotipo do instituto, a fotografía e contrasinais do alumno.

 

 Fonte imaxes: Cabeceiro SNA eTwining e imaxes facilitadas polos coordinadores de proxectos descritos.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar