Inicio / Ideas / Perlas / Algo máis que Matemáticas
.

Algo máis que Matemáticas

19 
Xan 
2012  |  

nosolomateAínda que o deseño curricular actual mantén a tradicional división en áreas para as etapas de Infantil e Primaria e en materias para Secundaria, a investigación pedagóxica avoga, sempre que sexa posible, por un enfoque interdisciplinar dos contidos. Nos proxectos eTwinning é frecuente atopar traballos nos que participan profesores e se desenvolven actividades de distintas áreas/materias, o que demostra o interese crecente entre os docentes por esta metodoloxía interdisciplinar. Dadas as características desta acción, son numerosas as ocasións nas que se decide traballar nunha lingua estranxeira e, polo tanto, se desenvolven tarefas con obxectivos e contidos desta materia xunto cos de outra/s. Porén, resulta máis difícil atopar actividades intercurriculares nas que estean presentes as matemáticas, polo que destacamos algunhas das que vimos entre os proxectos presentados ós Premios Nacionais eTwinning 2012:

A famosa serie  numérica de Fibonacci (1,1,2,3,5,8,13,21…) foi a protagonista dunha actividade levada a cabo polo alumnos do IES Alonso de Madrigal de Ávila, xunto cos seus socios do proxecto A taste of Maths (ATOM), cuxo obxectivo é fomentar a  curiosidade e o interese dos alumnos polas matemáticas. Os estudantes dos centros participantes, co pan como tema central da composición, escribiron poemas cuxos versos contén un número de palabras igual á secuencia de números da serie de Fibonacci. As composicións están escritas nos idiomas de todos os participantes e en inglés e publicadas neste libro virtual.

 

Selecciona as que están en español ou nalgún outro idioma que comprendas. Atréveste a facer o teu propio poema?

Combinando as matemáticas, pero esta vez con Coñecemento do medio natural, social e cultural, atopamos un atractivo concurso no proxecto ICT, you and me. Neste caso, os participantes españois pertencen ó CEP Sete Campas-Zorrozgoiti de Bilbao e puxeron en práctica a súa competencia matemática nunha serie de preguntas curtas sobre xeometría, simetría, fraccións e numeración romana, partindo da xeografía, os escudos e as bandeiras dos socios participantes. Estas cuestións foron publicadas con QuizRevolution para que tú tamén poidas comprobar os teus coñecementos:

Os estudantes franceses do proxecto GOAL! Go Outside And Learn, no que tamén participaron alumnos galegos do IES Ramón Cabanillas, viaxaron polo Sistema Solar sen saír do instituto. Á vez que estudaban as características dos planetas, realizaron, no patio do centro, unha representación a escala da localización destes no Sistema Solar. Sen dúbida, unha forma creativa de aplicar a proporcionalidade matemática para coñecer mellor o mundo no que vivimos.

proyectoGoal_SistemaSolar

O traballo con compañeiros e contidos doutras disciplinas resulta sempre enriquecedor e para os alumnos, que mellor maneira de axudalos a transferir os seus coñecementos á vida real? Seguro que se che ocorren outros temas cos que apoiar a túa materia.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar