Inicio / Ideas / Perlas / Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
.

Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs

17 
Abr 
2015  |  
 

 

perla jenas 2015 googledocs

A planificación dun proxecto eTwinning é un dos aspectos básicos nas primeiras etapas de traballo co socio e determina en boa parte o éxito na coordinación e resultados do proxecto. Juan F. Peñas Viso, Embaixador eTwinning e docente de Primaria no CPEIP San Babil (Navarra) cóntanos cómo abordar esta fase de proxecto usando Google docs.

 

 

 

Para rexistrar un proxecto en eTwinning non é necesaria unha gran planificación. Chega cun título, unha breve descrición, sinalar os idiomas de comunicación, o número e a idade do alumnado participante, nomear as áreas de coñecementos, definir algúns obxectivos e o proceso de traballo, enumerar algúns dos recursos tecnolóxicos e ferramentas web 2.0 que tes previsto utilizar, nomear algún dos resultados esperados e pouco máis.

Aínda que só un dos socios fundadores inicia o rexistro, é preciso chegar a uns mínimos acordos que faciliten esta tarefa. Sexa a través da mensaxería interna da plataforma eTwinning, do correo electrónico ou por videoconferencia, os socios fundadores e o resto de profesorado que integra o proxecto poden aportar as súas ideas e suxerencias.

Pero se se quere unha verdadeira colaboración e participación de todo o profesorado recomendo utilizar GOOGLE DRIVE, onde a través de Google Docs se poden compartir documentos organizados en carpetas nos que todos poidan ler e escribir e, ademais,  pódense realizar videoconferencias a través de “Hangout” de Google (incluso grabalas con Youtube). A única pega é que todo o profesorado debe ter unha conta gmail ou, polo menos, asociada a el, para poder editar os documentos e participar  neles.

 

Esta vez decidín crear unha plantilla cunha folla de cálculo de Google Docs, con todos os apartados que aparecen no documento “Proxecto de Traballo” que o Servizo Nacional de Apoio eTwinning nos facilitou ó largo dos anos, para poder facer unha mellor planificación de forma colaborativa coa miña socia fundadora.

 

Perla juan penas 2015 1a

Ademais, coa posibilidade de poder engadir follas ó documento, estamos realizando un mellor seguimento e desenvolvemento das actividades do proxecto. Cada fase do proxecto ten a  súa folla explicativa, o seu enlace á ferramenta web 2.0 a utilizar e, se é necesario, un enlace ó videotitorial sobre a ferramenta. Nela organízanse tamén os grupos mixtos para realizar as actividades colaborativas entre o alumnado participante.

Perla juan penas 2015 2

Por tanto, estamos conseguindo unha boa coordinación, colaboración, participación e comunicación entre todo o profesorado a través das ferramentas de Google Drive que, sen lugar a dúbidas, facilita o bo desenvolvemento do proxecto.

Perla juan penas 2015 3

Fonte das imaxes: Google docs de proxecto eTwinning

 

 

 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar