Inicio / Ideas / Perlas / Narrando con símbolos
.

Narrando con símbolos

10 
Maio 
2013  |  
 

 

relato señales

Tanto os alumnos do CRA Alto Cidacos, en Arnedillo (La Rioja) como os docentes dese centro que participan  no proxecto “Talking pictures” ten ben claro o que é o traballo colaborativo, e así nolo demostaron con esta orixinal narración internacional, que serve ademais ó obxectivo de achegar os alumnos a educación vial.

 

 


O proxecto, no que participan tamén centros de Islandia e Polonia, e que arrancou en novembro pasado, atópase xa nas súas últimas fases. A finalidade do mesmo foi acercar os alumnos ás semellanzas e diferenzas entre os tres países, centrándose cada mes nun tema diferente.

A sinalización é o tema que ocupou o mes de febreiro. A actividade, cuidadosamente planificada, comezou cunha saída do centro á “caza e captura” de sinais. Un auténtico traballo de campo no que os nenos aprenderon a interpretar símbolos tan diversos como os de “cañada”, “neve” e “hospital”, entre outros. Como pequenos reporteiros, os alumnos percorreron as rúas das poboacións do valle de Cidacos onde residen: Herce, Arnedillo, Enciso e Préjano, cámara en man, detectando e fotografando todo tipo de sinais de tráfico e sinalizacións sobre comercios e fincas particulares. Os alumnos dos centros socios  desenvolveron os seus dotes detectivescos para tratar de localizar símbolos similares nos seus respectivos países, algo non sempre posible, dadas las diferenzas entre os tres países.  Destas excursións, nas que participaron mestres e pais, saíu a materia prima necesaria para o seu relato.

la foto2Con idea de aumentar a colaboración, os sinais seleccionados polos polacos foron utilizados polos españois para iniciar a narración, que continuaron os islandeses cos sinais aportados polos españois, entre as que destaca o sinal que identifica restos de dinosaurios, una peculiaridade desa zona rioxana rica en xacementos del Cretácico. O conto foi felizmente rematado polos socios polacos facendo uso dos sinais que lles proporcionaron os alumnos islandeses, redondeando unha historia repleta de aventuras que é todo un despregue de imaxinación. En total, cada país aportou oito sinais, co que se reuniu unha batería de vonte e catro destes símbolos. Na aula, os alumnos españois comezaron por escribir os fragmentos do conto, en primeiro lugar en español, ilustrándoos con sinais recortadas en papel. Esta planificación en papel é la que usaron despois para rescribir a historia co ordenador. Usando unha linguaxe icónica universal, os alumnos despregaron toda a súa imaxinación nun relato que fala de bicicletas, avións, tormentas, mandas de ganado, dinosaurios…Leo no blog do proxecto.

A historia complétase cunha actividade tan lúdica como un xogo, coa ferramenta Photopeach, para adiviñar en cal dos tres países socios se encontran unha serie de sinais. En suma, unha orixinal maneira de traballar as competencias lingüística, artística, dixital, de interacción co mundo físico, social e cidadá,…e de aprender divertíndose.

Fonte imaxes: proxecto 'Talking pictures'.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar