Inicio / Ideas / Perlas / Un mar de culturas: proxecto eTwinning de plurilingüismo en Educación Infantil.
.

Un mar de culturas: proxecto eTwinning de plurilingüismo en Educación Infantil.

30 
set 
2013  |  
 

 

header a sea of cultures 2013Presentámosvos o proxecto eTwinning, 'Un mar de culturas', desenvolto por un grupo de traballo do CEIP Les Arenes (Valencia). María José García Ruano, unha das mestras participantes, cóntanos a importancia deste tipo de proxectos no centro escolar 'para o achegamento dos alumnos a outras culturas' e para complementar o trabajo de aula, especialmente tendo en conta a implantación do inglés a idades temperás.

 

 

Trátase dun proxecto eTwinning abordado desde unha metodoloxía colaborativa, globalizadora e baseada no desenvolvemento por proxectos, na que diversos aspectos do currículo se traballan a partir dunha serie de problemas ou tarefas para resolver en grupo. María José cóntanos, que 'os proxectos etwinning pon na man do docente unha metodoloxía idónea para o traballo e a consecución das competencias básicas. eTwinning significa, fundamentalmente, traballar en colaboración. Esta colaboración materialízase na realización de actividades e produtos en común co fin de desenvolver diferentes competencias no alumnado. (...) Nun proxecto etwinning ideal trabállanse dun modo complementario distintas áreas ou materias, e a  busca de  información xoga un papel esencial, traballándose as diferentes competencias: ademais da lingüística e da dixital, a interacción co medio, a social e cidadá, a cultural e artística, etc, ó tempo que se reforzan as estratexias de aprendizaxe que configuran a competencia de aprender a aprender, que debe acompañarnos durante toda a nosa vida.'

materiales un mar culturasDe febreiro a xuño de 2013, o grupo de traballo puido reunirse en sesións de traballo de dúas horas semanais, o que permitiu unha correcta coordinación coas actividades realizadas polos socios na plataforma eTwinning.

Os mestres participantes usaron a plataforma eTwinning como soporte de comunicación e para o intercambio e exposición dos materiais. Ademais, o desenvolvemento do proxecto promoveu a experimentación con variadas ferramentas TIC para a edición e presentación de materiais audiovisuais, como Spreaker. A pizarra dixital interactiva e os dispositivos móbiles como a 'tablet' foron algúns dos soportes de traballo e presentación de materiais na aula.

O grupo de participantes valorou positivamente esta experiencia por ter facilitado a elaboración  de materiais cuxo desenvolvemento houbera sido imposible sen o traballo en equipo. Destacan ademais o impacto positivo no alumnado, que disfrutou con cada unha das actividades propostas e permitiulles mellorar  os seus coñecementos e competencias.

ACTIVIDADES DO PROXECTO

Cuento de 'Boni, el pez naranja'el pez boni un mar
Elaboración dun conto sobre un peixe chamado Boni no que os alumnos de 5 anos realizan os debuxos e fondos do conto usando materiais diversos seleccionados polos mestres participantes. O texto resultante traduciuse ó valenciano, inglés, portugués e polaco.

 

 

 

Mural de Boni

Mural realizado por nenos de tres anos para o corredor do centro escolar. Elaborado cunhas escumas que pegaban en contacto coa auga, pinturas e tul para encher o fondo mariño. Actividade dirixida e moi gratificante para os nenos, por permitirlles traballar texturas na aula e aprender dun xeito lúdico o vocabulario relacionado co mundo mariño.

mural pasillo mar de culturas

Rincón eTwinning

Recanto de exposición de traballos e actividades eTwinning. Os alumnos de 4 anos participaron na decoración usando arames, pinturas, plásticos, etc.

rincon eTwinning mar culturas

Vídeos realizados para o desenvolvemento do proxecto.

Preparáronse diferentes vídeos sobre distintas fases de elaboración do proxecto que se aloxaron posteriormente en Youtube e Vimeo e se enlazaron co TwinSpace do proxecto.

 

BONI from Mª Jose Garcia on Vimeo.

Espazo web do proxecto

Trátase dun vistoso espazo colaborativo, aínda en fase de construción realizado coa ferramenta Wix no que se pretenden aloxar todos os materiais do proxecto.

wix materiales un mar culturas

 Emisión en Spreaker

Realizouse unha emisión en directo de radio para os socios na que os nenos gravaron a locución do conto usando un dispositivo móbil e a ferramenta Spreaker.

spreaker

Taller de Ipad:

tallerIPadDurante todo o ano os nenos tiveron a oportunidade de traballar nun taller con 3 Ipads aportados por unha das mestras participantes, podendo así interactuar con este dispositivo móbil e descubrir unha nova maneira de traballar na aula.


 

 

 

 

 

 

Reproducimos, a continuación, as palabras de María José García Ruano que expón claramente os beneficios deste proxecto para toda a comunidade escolar:

'Todo este esforzo é recompensado ó ver que os nenos disfrutan  e aprenden. Redactar un conto, como é o de Boni, e ver que eles van sendo capaces de plasmar cos seus debuxos ou explicar coas súas palabras o conto foi moi gratificante e permitiulles desenvolver as súas competencias a través dun proxecto surxido dunha asociación entre tres centros europeos.
Cabe destacar o que lles encantou verse na pizarra dixital nos diferentes vídeos e powerpoints, así como ás familias, pois fomos informando ós pais do proxecto que estabamos realizando en Educación Infantil e foron partícipes con nós no visionado 
dos mesmos nas diferentes reunións tidas ó largo do curso.
Sen dúbida algunha, é un proxecto no que imperan os valores de tolerancia, igualdade e respecto cara outras culturas diferentes á nosa. Algo moi importante no noso centro que conta cunha gran diversidade cultural'.

 

Desde o Servizo Nacional de Apoyo eTwinning valoramos positivamente este creativo proxecto eTwinning que desde unha perspectiva lúdica  suscita no alumnado de tan curta idade o interése cara as TIC e outras realidades do ámbito europeo.

 

 

Fonte imaxes: Proxecto 'Un mar de culturas'.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar