Inicio / Ideas / Perlas / 12ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto
.

12ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto

30 
Xan 
2012  |  

curso_s2011O 12 de decembro rematou a duodécima edición do curso eTwinning 2.0, desenvolto polo Departamento de Formación en Rede do ITE. Nesta ocasión, participaron un total de 558 docentes, entre eles 28 alemáns e 31 franceses (con coñecementos de castelán),  que exercen a docencia nos seus países de orixe. Alumnos e titores están dacordo en afirmar que esta inédita ruptura de fronteiras foi todo un éxito.  Así, o curso conseguiu superar a práctica teórica dos contidos e alcanzou o seu obxectivo de iniciar realmente ós docentes na acción eTwinning. 


Como xa fixeramos na pasada edición do curso,  presentámosvos algúns dos deseños de proxecto que, como actividade obrigatoria do curso, realizaron os seus participantes.

Pinceladas de sonstaller_manualidades

Involucrando a todo o centro e baseándose en diversos talleres, Mª Dolors Sánchez propón o intercambio cultural entre un centro español e outro eslovaco: aínda que é unha idea presente en moitos dos proxectos eTwinning, a exposición non se queda nun mero traballo en paralelo de ambos centros, senón que propón unha auténtica personificación dos compañeiros socios coa que entender mellor a súa forma de vida.   Así, mediante talleres de canto coral, de grupo instrumental, informática musical, arte tecnolóxica, xornalismo, disfraces, teatro e moitos máis, os estudantes amosarán  o máis característico do seu entorno, preguntarán ós seus compañeiros por aquilo que máis lles interesa saber deles e bailarán, cantarán e cociñarán as especialidades culinarias tradicionais do país socio. Con todo isto deberán demostrar o aprendido nun divertido concurso e representalo nun festival que ningún quererá perderse.

Descargar proxecto de traballo

Rapunzel (Os irmáns Grimm) e os nenos de hoxe 

Aproveitando a popularidade que o conto Rapunzel ten en Europa, Emilija Schneidewind, profesora alemana, e Peru Ibañez, profesor español,  desenvolveron unha nova versión. Nas súas respectivas aulas analizarán pormenorizadamente a fábula para escribir despois unha historia máis do personaxe, pero adaptándoa á vida contemporánea do seu país. Cada escola seleccionará as escenas que maior interese esperten e representará as escritas polo seu socio. O resultado final, como xa adiantabamos, será unha versión actual e multicultural de Rapunzel. ¿Conseguirá tanto éxito como a tradicional? O proxecto xa foi rexistrado, polo que, ademais de descargar o documento correspondente ó proxecto de traballo, podes ver a súa información na web de eTwinning

Descargar proxecto de traballo

microfonoChantons ensemble! 

Se nas aulas de Educación Secundaria Obrigatoria, eTwinning supón unha gran oportunidade para que os estudantes practiquen unha lingua estranxeira nun contexto real, os docentes Octavio Moreno e Anne-Laure Bertrand, español e francesa respectivamente, van aínda máis alá: os seus estudantes deberán cantar noutro idioma. O traballo consistirá en presentar os grupos e cantautores, españois e franceses favoritos, para que os seus compañeiros socios interpreten as súas cancións. Estas e algunha outra cantada a dúo nas dúas linguas serán as protagonistas do espectáculo que se celebrará durante o intercambio de estudantes previsto. Pero para que o resultado final teña éxito, detrás hai todo un proceso de tradución, pronunciación e entonación, que será amenizado coa participación nun Lipdub e incluso unha composición propia por todos os participantes. En definitiva, unha idea atraente na que xa se embarcaron outros profesores, como podes ver na información que sobre Chantons ensemble aparece na  web de eTwinning.

Descargar proxecto de traballo

Cloud.biz (Proxecto de creación de empresas de importación exportación)

Se na etapa de Formación Profesional é menos frecuente a participación en eTwinning, non  por isto é menos posible. Ricard Eguíluz fáinolo ver con esta proposta na que expón a posibilidade de desenvolver, nada máis e nada menos, que unha feira internacional na que os estudantes expoñan e vendan os seus propios produtos. O proxecto de traballo inclúe multitude de actividades coas que os alumnos conseguirán, de maneira excelente, alcanzar as competencias requiridas en dita etapa: creación dunha compañía, deseño dunha imaxe corporativa, redacción de estatutos, organización de departamentos, creación dun catálogo de produtos, cálculo aproximado de prezos, estudo de mercado, formula e recepción de pedidos, contacto con provedores, publicidade e comercialización, e disolución da compañía. Pode observarse un detido coidado para non esquecer nin un só detalle do correspondente procedemento, o que facilita amplamente a consecución dos resultados esperados.

Descargar proxecto de traballo

Isto é só unha pequena mostra do traballo realizado polos alumnos do curso. Surxiron ideas moi interesantes  para todas as etapas educativas, pero amosalas todas é imposible. Moitas delas xa se puxeron en marcha, polo que desexamos que teñan éxito e poidamos presentalas nun futuro. Desde aquí damos a noraboa a todos os que superaron o curso e lembrámosvos que o material está sempre accesible.

Fonte Imaxe superior dereita: Banco de Recursos do ITE    Autor: Raquel Hueso

Fonte Imaxe inferior esquerda: Banco de Recursos do ITE    Autor: Anónimo

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar