Inicio / Ideas / Perlas / Mitos de ayer y hoy
.

Mitos de ayer y hoy

12 
Maio 
2014  |  

mitosdeayeryhoycabecero

Mitos de onte e hoxe é un proxecto que trata o tema dos mitos desde unha perspectiva investigadora de análise e interpretación.

 

 

 

 

 

 

Os alumnos fan unha busca de  referencias ós mitos clásicos na cultura occidental, en especial na literatura, a arte e a música dos países irmandados. Ademais deben  buscar  nun personaxe ou situación actual a simboloxía dese mito e un modelo co que identificarse. Posteriormente reflicten o resultado da súa investigación utilizando, presentacións e  arquivos grabados de son e vídeo.

Constitúe unha maneira de traballar que fomenta o traballo de investigación e  reflexión sobre o aprendido e a súa aplicación á nosa sociedade actual

A coordinadora do proxecto, Isabel Martínez Herranz, relátanos cómo surxiu o proxecto e as diversas fases de elaboración do mesmo.

mitos de ayer y hoy socias proyecto

A idea do noso proxecto naceu durante el II Encontro eTwinning de profesores en castelán: Facendo equipo celebrado en Madrid do 25 ó 27 de outubro de 2012. A partir de entón puxémonos a traballar no seu desenvolvemento.

Participaron alumnos e alumnas do IES Isaac Albéniz de Leganés e do Liceo Ginnasio Statale F. Petrarca de Trieste, con  idades comprendidas entre os 16 e 18 anos. O idioma empregado foi o castelán, aínda que tamén elaboramos material en inglés, latín e grego antigo.

 

 

 

 

Adicamos unha sesión semanal ó proxecto,  de xaneiro a xuño do ano pasado.

mitos de ayer y hoy alumnos

Nunha primeira fase cada centro educativo traballou en darse a coñecer ó outro. Para isto os alumnos presentáronse no Twinspace e prepararon vídeos, presentacións, un rap, etc. onde falaban  sobre a súa escola, a súa cidade e  outras curiosidades.

 

Nunha primeira fase cada centro educativo traballou en darse a coñecer ó outro. Para isto os alumnos presentáronse no Twinspace e prepararon vídeos, presentacións, un rap, etc. onde falaban  sobre a súa escola, a súa cidade e  outras curiosidades.

Despois, formáronse grupos mixtos de traballo segundo os mitos elixidos e buscaron  referencias  na literatura, a arte e a música da cultura occidental. A continuación tratouse de buscar nalgún personaxe ficticio ou real actual a simboloxía destes mitos.

De todo isto os estudantes crearon materiais propios en diferentes soportes multimedia (arquivos de audio, video, PPT, imaxes)  que fomos subindo ó noso TwinSpace. Ademais, cada equipo puxo en común co resto dos alumnos o resultado dos seus traballos, e unha selección destes publicouse nun blog creado para o proxecto.

http://new-twinspace.etwinning.net/web/p92661

Na avaliación final os alumnos valoraron positivamente o traballo en equipo con      alumnos doutros países e a mellora da súa competencia dixital mediante a utilización da plataforma Etwinning e doutras ferramentas multimedia.

Persoalmente este proxecto deume a posibilidade de colaborar coa miña socia italiana, Geisy Sepúlveda, chea de boas ideas e entusiasmo.

 


 

Isabel Martínez Herranz

IES Isaac Albéniz

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar