Ideas de proxecto do curso eTwinning 2.0
Desde o Servizo Nacional de Apoio queremos dala noraboa a todos os docentes que participaron no curso eTwinning 2.0 durante a segunda edición de cursos en rede do ITE, do 2010-2011. Aínda que actualmente é recoñecida a necesaria formación continua dos profesores, a falta de tempo dificulta ás veces esta tarefa. Nesta ocasión foron moitos os que realizaron satisfactoriamente o curso, esperamos que para a próxima convocatoria, que será en outubro, vos animedes moitos máis. Avisarémosvos desde a nosa web.
Unha das actividades obrigatorias do curso eTwinning 2.0 é deseñar un proxecto de traballo utilizando o documento que o SNA creou para tal fin (podes atopalo tamén no apartado Documentos útiles, da Unidade 4 do curso). A continuación presentámosvos unha pequena mostra dos traballos que os docentes realizaron nesta actividade. Esperamos que vos sirvan como fonte de inspiración para os vosos proxectos.
Influenza da latitude nas nosas vidas (Pablo Labraga López)
Mediante a asociación de centros do norte e o sur de Europa que teñan distintas latitudes, preténdese comparar, ó largo dun ano, a duración dos días e as noites en cada país. O obxectivo é que os estudantes averiguen a latitude das súas vivendas a partir das sombras proxectadas e descubran a influencia que a latitude e a inclinación do eixe da Terra teñen no clima. Sen dúbida, é unha forma sinxela pero moi atractiva de conseguir que os alumnos entendan a existencia das estacións do ano.
Taxes in the European Union (Yolanda Salinas Castelló)
Fomentando a colaboración desde o inicio do traballo, a idea deste proxecto é crear grupos de nacionalidade mixta, española e luxemburguesa, para intercambiar datos xerais sobre ambos países: presupostos xerais, fontes de financiación públicas, etc. Estes datos, xunto cos respectivos na Unión Europea, permitirán facer unha análise máis exhaustiva da situación económica e social de ambos países. O traballo considerarase terminado cando cada grupo presente as conclusións da súa investigación no seu correspondente informe. Nós estamos desexando ver ditos informes.
Que escoitamos? (Diego José Vigueras González)
A pretensión deste proxecto é crear varios arquivos compartidos sobre música: ficheiros de audio con grabacións musicais internacionais clasificadas segundo as súas características, principais tipos de músicas por nacionalidades e comparación de ditos tipos musicais, de categorías similares. Así, os participantes poderán ampliar o seu coñecemento sobre a música popular urbana, folklórica e clásica.
Empresas en Europa (Mercedes Arozarena Cañamares)
Formulado para que se realice coa participación de, polo menos, seis centros de nacionalidade distinta, este proxecto consiste no estudo de empresas con capital estranxeiro que traballan en cada unha das rexións involucradas e de empresas con capital local que teñen filiais no estranxeiro. O seu obxectivo final é impulsar a libre circulación por Europa no ámbito educativo e formativo, para o cal se prevé, incluso, que os centros participantes establezan redes de colaboración coas empresas analizadas. Oxalá todos os estudantes tiveran a oportunidade, antes de incorporarse ó mercado laboral, de realizar traballos similares ó presentado neste caso .
Que programan as nosas televisións? (Virginia Rodríguez)
En España é frecuente escoitar queixas sobre a programación que as distintas cadeas de televisión ofrecen. Cun traballo de investigación ben planificado, o alumnado deste proxecto terá a posibilidade de coñecer mellor dita programación, así como comparala coa existente noutros países europeos. Os resultados desta investigación permitirán ós estudantes descubrir a realidade social, política e económica dos países participantes. Lograrán mellorar o futuro televisivo?
Canto compras por un euro? (Mª Mar Ibáñez Medrano)
Mediante a análise dunha acción tan sinxela e cotiá como é encher a cesta da compra, os alumnos estudarán e compararán conceptos como a inflación, o poder adquisitivo, gustos e preferencias do suxeito, hábitos de consumo, etc. Crear un menú básico, barato e común para dous países europeos será todo un reto. Estamos expectantes en saber cánto nos costará esta cesta da compra internacional.
Artigos relacionados
Perlas
- Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
- Story Between Pictures
- Mitos de ayer y hoy
- 'Personalizando' eTwinning
- Un mar de culturas: proxecto eTwinning de plurilingüismo en Educación Infantil.
- Narrando con símbolos
- Concerto pictórico en Aranjuez
- 13ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto
- Gran colección de arte eTwinning
- 12ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto
- Algo máis que Matemáticas
- O Making of dun proxecto eTwinning
- Ideas de proxecto do curso eTwinning 2.0
- Aprender xogando
- Actividades colaborativas para Lingua e Sociais
- Actividades colaborativas para Matemáticas y Ciencias
- Presentarse ¿quién está al otro lado?
- Cómics para el aula
- Las matemáticas aplicadas a la vida real
- Diseñar y planificar colaborativamente un proyecto