Actividades colaborativas para Lingua e Sociais
Como xa vos fomos contando, dentro do encontro multilateral eTwinning 2011: Colaboramos en español, organizado en Madrid polo Servizo Nacional de Apoio, impartíronse varios talleres. Hoxe publicamos as actividades colaborativas propostas en “Lingua e Sociais, coas mans na masa”.
Á hora de planificar actividades colaborativas suxerímosvos dúas ideas clave: elixir as ferramentas TIC axeitadas, as que de forma natural propicien a participación dos alumnos, e pensar en multimedia. O texto non sempre é a mellor opción para traballar contidos; vídeo, podcasts e fotos motivan ós alumnos e favorecen a súa creatividade.
A revista escolar é un modelo de proxecto xa contrastado. Anima ós alumnos á investigación e traballa a capacidade de expresión e argumentación. Ben utilizada, pode implicar ademais un alto grao de colaboración. Para isto, é moi importante "xogar" a ser periodistas, expoñer unha redacción real na que os alumnos teñan distintos roles segundo os seus intereses e capacidades: redactor, fotógrafo, corrector, documentalista, deseñador. editor... Buscando a interacción entre os alumnos, ¿por que non organizar reunións de traballo a través de Skype?
A segunda proposta é a creación de rutas turísticas temáticas. Unha mesma cidade pode recorrerse seguindo as palabras dunha novela ambientada nela, as fachadas modernistas ou as ruinas romanas. Cando falamos de itinerarios, debemos falar de mapas e xeolocalización: Google Maps
Por último, ¿cómo presentar un club de lectura a alumnos do século XXI? Trailers de novelas, vídeo-criticas literarias e comentarios de propia voz con VoiceThread. Ler non ten por qué ser unha actividade individual.
Artigos relacionados
Perlas
- Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
- Story Between Pictures
- Mitos de ayer y hoy
- 'Personalizando' eTwinning
- Un mar de culturas: proxecto eTwinning de plurilingüismo en Educación Infantil.
- Narrando con símbolos
- Concerto pictórico en Aranjuez
- 13ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto
- Gran colección de arte eTwinning
- 12ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto
- Algo máis que Matemáticas
- O Making of dun proxecto eTwinning
- Ideas de proxecto do curso eTwinning 2.0
- Aprender xogando
- Actividades colaborativas para Lingua e Sociais
- Actividades colaborativas para Matemáticas y Ciencias
- Presentarse ¿quién está al otro lado?
- Cómics para el aula
- Las matemáticas aplicadas a la vida real
- Diseñar y planificar colaborativamente un proyecto