Que é eTwinning?

14 
Xan 
2010  |  

eTwinning é un programa educativo que promove e ofrece ferramentas para establecer proxectos educativos conxuntos a través da Internet entre dous ou máis centros educativos de distintos países de Europa, baseados no traballo en colaboración, o uso das TIC e a potenciación da dimensión europea na educación.

eTwinning comezou no ano 2005 como parte do programa eLearning da Unión Europea para a integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) nos sistemas de educación e formación en Europa. Actualmente, constitúe unha medida de acompañamento da acción Comenius dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente (Lifelong Learning) posto en marcha en xaneiro de 2007 e que rematará a súa actual fase en 2013. A plataforma eTwinning conta na actualidade con  apróximadamente 90.000 profesores rexistrados en Europa (dos cales máis de 8.300 son españois) e uns 5.000 proxectos activos (datos de marzo de 2010).

Os proxectos escolares conxuntos, cada vez máis frecuentes en Europa, motivan ós estudantes de países distintos para que traballen en colaboración. Éstes aprenden doutras culturas á vez que practican destrezas relacionadas coas novas tecnoloxías e as linguas estranxeiras e desenvolven contidos curriculares de calquer materia.

Os profesores teñen a oportunidade de coñecer a outros docentes europeos e intercambiar ideas, o que lles permite mellorar os métodos de ensino propios comparando e aplicando distintos enfoques, ampliar o coñecemento dun campo concreto ou, simplemente, compartir información.

En 2010, o número de países participantes era de 32, dos cales 5 non pertencen á Unión Europea (UE): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia (non UE), Chipre, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia,  Holanda, Antiga República Iugoslava de Macedonia (non UE), Francia, Grecia, Hungría, Islandia (non UE), Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega (non UE), Polonia, Portugal, Rumania, Suecia, Turquía (non UE) e Reino Unido.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar