Inicio / Ideas / Perlas / 13ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto
.

13ª edición do curso eTwinning 2.0: ideas de proxecto

06 
Xuñ 
2012  |  
 

 

logo_ideasdeproyecto2012Como vimos facendo desde as dúas últimas edicións do curso de formación eTwinning 2.0, querémosvos amosar algunhas das ideas de proxecto que adquiriron forma na decimoterceira convocatoria.

 

 

 

 

 

Finalizado o pasado día 27 de abril, o curso de formación gozou dun gran éxito, con 513 participantes -dos cales 38 eran franceses e 25 alemáns- e baixo a batuta de 1 coordinador e 14 titores. Unha das actividades contempladas e neste caso obrigatoria para estes alumnos tan motivados foi o deseño dun proxecto de traballo, é dicir, unha detallada descrición do proxecto que se quere iniciar.

 

 100 ans de pacifisme - 10º ans de guerre

Imagen_soldados Primera Guerra MundialTendo como marco a I Guerra Mundial, os alumnos españois e franceses de 4ª de  ESO participantes neste proxecto deben reflexionar acerca da importancia que tivo este acontecemento histórico para o futuro de Europa e do resto do mundo no desenvolvemento da sociedade do século XX e a actual. É un proxecto Comenius que recibe o nome de “Plus jamais comme en 14!”, pero que aspira a formar parte de eTwinning para que os alumnos desenvolvan un traballo colaborativo, facendo uso do TwinSpace e doutras ferramentas TIC.  A variedade de actividades propostas tales como unha obra de teatro, varias curtametraxes, videoclips, tests sobre a guerra, exposicións coa documentación atopada, un libro recompilatorio, etc, facilita a observación, a análise e o intercambio de experiencias entre os alumnos dos dous centros participantes acerca das guerras como posible solución ás crises, analizando se poden reportar algún tipo de beneficio, se poden  ser xustas, etc. Ademais, a creación dun blog e unha páxina web recompilatorios de todos os materiais resultantes do proxecto e a comunicación que se formula por medio do TwinSpace e de videoconferencias con Skype, confírelle un carácter dinámico e colaborativo a esta aventura histórica.

Descargar proxecto de traballo

 

A cor nos edificios da miña cidade

Imagen_edificios con fachadas de coloresVicente Ruiz Pérez propón un colorido proxecto para 1º ou 2º de Bacharelato da modalidade de Arte. O obxectivo, coñecer as cidades europeas a través das combinacións de cores que se atopan nas fachadas dos edificios. Analizar as mesmas, reflexionar acerca de se son acertadas ou están en contra das leis da harmonía cromática e transcribilas a producións artísticas, pode ser unha maneira de reflexionar sobre o propio entorno e coñecer o doutras cidades europeas. Os alumnos vense implicados de maneira activa nas actividades do proxecto xa que teñen que visitar, fotografar e analizar diversos espazos da súa localidade para publicar os resultados nun blog creado para tal fin, realizar composicións cromáticas por medio de variadas ferramentas TIC, atopar puntos en común e diferenzas entre os entornos urbanos nos que se habita nos distintos países e trasmitilos ós seus socios facendo uso do inglés e mediante videoconferencias e chats, etc. Ademais prevese a elaboración dunha avaliación na que se recollan as conclusións do traballo realizado polos alumnos.

Descargar proxecto de traballo

 

Inter-Rail por Europa

Imagen_rail de trenEster Llopis Borges pretende con este proxecto promover o coñecemento da xeografía, sociedade, gustos culinarios, festas tradicionais e a historia dos dous países socios, España e Eslovenia. Para isto durante 6 semanas os alumnos de ambas nacionalidades de 12 – 13 anos establecerán lazos de amistade e colaboración mediante a participación nun emocionante xogo. Cada grupo -formado por catro membros de nacionalidade mixta-  ten que escoller unha ruta entre catro dispoñibles, na que terán que contestar con éxito a preguntas referentes ós costumes, historia, fauna, cultura, etc. de ata 5 países europeos. Unha tarefa de enriquecemento cultural que se complementa cunha estancia tanto en España como Eslovenia, onde os alumnos terán a oportunidade de coñecerse e de compartir experiencias. O desenvolvemento do xogo, que é interactivo e se leva a cabo mediante as ferramentas que ofrece o TwinSpace, vai precedido dun intenso labor de investigación e documentación. Ademais, paralelamente os alumnos traballan con mapas, participan en talleres, asisten a visitas guiadas, etc. Este elenco de actividades permitirá sen dúbida mellorar a capacidade de pensamento reflexivo dos alumnos, así como a súa competencia curricular. E ademais estes resultados serán visibles grazas á avaliación prevista, que deberá ser completada por alumnos e profesores participantes.

Descargar proxecto de traballo

 

A comunicación: a Antiga Roma

Imagen_escultura Rómulo y RemoInvolucrando a todo o centro e traballando distintos talleres e actividades,  entroncando áreas e mesturando realidade e ficción, MªCarmen Peñalver propón este proxecto, que ten como eixe central a comunicación, que neste caso se produce con persoas do futuro. Quedáronse sen planeta por non coidalo e queren habitar o planeta Brancaneves, non sen antes averiguar cómo o fixemos os humanos para que o noso planeta Terra non se destruíse. Cada nivel elixe, traballa e investiga unha civilización e busca unha maneira de transmitir ós seus compañeiros socios a información recompilada.Por exemplo, os alumnos de 1ª de Primaria deben investigar acerca da civilización romana. Neste caso, por medio de puzzles, vídeos, celebración de asambleas, lecturas de fábulas, realización de murais, etc. os alumnos de 6-7 anos dos distintos centros participantes enfocarán a civilización romana e terán que elixir qué medios utilizarán para transmitir toda a información recollida, en español e en inglés. Unha das vías de comunicación proposta é un blog, no que se exporán todos os traballos realizados polos alumnos e se abrirán foros de debate para establecer as diferenzas e as similitudes entre os enfoques que os diferentes países aportan da civilización que está investigando. Unha das notas características  deste proxecto adaptado ó nivel de 1º de Primaria é a adecuación das actividades planeadas ós contidos que se van tratar. Así, os alumnos comprenderán informacións recibidas a través de diferentes soportes audiovisuais, valorarán o saber escoitar como medio de adquirir información e serán conscientes do legado histórico e artístico das diversas civilizacións e a importancia da súa conservación. Ó mesmo tempo os alumnos mellorarán algunhas habilidades relacionadas coa audición e a linguaxe, a expresión plástica e artística, un incipiente labor de investigación, etc.

Descargar proxecto de traballo

 

Mitoloxía e música

Imagen_mosaico romanoCon este proxecto Juan Miguel Del Cabo López propón que os seus alumnos de 4º de ESO sexan conscientes da influenza que aínda hoxe ten a mitoloxía na nosa vida diaria e en campos tan variados como a música, o cine, o mundo da animación ou videoxogos, etc. En concreto o proxecto está centrado na Música, de maneira que os alumnos terán que descubrir cómo os cantantes e/ou grupos musicais actuais de calquer estilo -pop, rock, rap, heavy, etc.- están a miúdo influenciados polos mitos e poden recurrir a eles á hora de compoñer as súas canciónss.Durante todo un curso escolar, os alumnos divididos en grupos de dous e baixo a supervisión dun alumno-capitán, posto que será desempeñado por todos os alumnos de maneira rotatoria, procederán ó traballo do mito correspondente, buscando información e rastrexando nas webs e/ou portais de música que o profesor propón. Logo, facendo uso da radio do centro os alumnos narrarán cada un dos mitos elixidos tanto en español como en inglés, francés, latín e grego expoñeranse as cancións atopadas relacionadas cos mitos e o tratamento que nelas se fai dos mesmos.  Un blog servirá como diario da evolución do proxecto e unha wiki como plataforma de mostra dos traballos realizados. Neste proxecto multidisciplinar, que abarca contidos tanto de Historia da Arte, Debuxo, Xeografía, Bioloxía, e que traballa coas novas tecnoloxías desde un punto de vista didáctico novidoso e orixinal, as linguas clásicas están máis vivas que nunca. Por outro lado, a mitoloxía e a música son temas tan universais e de grande atractivo para os alumnos de calquera país europeo, que a idea aquí presentada pode dar lugar facilmente a proxectos de colaboración.

Descargar proxecto de traballo

 

Mobilidade e desenvolvemento profesional do Técnico Superior de Sanidade en Europa

Imagen_manipulación de muestras en laboratorioAnte a gran heteroxeneidade existente nos estudos de formación profesional de ámbito sanitario en Europa, desenvólvese este proxecto co  fin de facilitar a mobilidade dos alumnos da familia profesional de Sanidade en Europa e esclarecer os pasos a seguir para a posible convalidación dos seus estudos.Os alumnos de primeiro e segundo curso dos Ciclos Formativos de Grao Superior da Familia Profesional de Sanidade deberán investigar sobre a lexislación sanitaria e laboral en Europa, cuxos resultados serán plasmados nunha páxina web informativa.  A comunicación entre eles terá lugar a través do TwinSpace e dun blog. Desta maneira os alumnos poderán intercambiar ideas e experiencias sobre os distintos modos de xestionala sanidade en varios países europeos e terán a posibilidade de expresarse en inglés científico básico. Ademais, o desenvolvemento das actividades permitirá comprobar  as habilidades dos futuros profesionais sanitarios e analizar as posibilidades reais de continuar os seus estudos e atopar un traballo noutro país europeo.

Descargar proxecto de traballo

 

Science forensic technicien

Imagen_alumno del proyectoCo obxectivo de “facer ciencia” dunha maneira divertida, Rosario Arias propón esta idea de proxecto, na que os alumnos de 1º de Bacharelato dos dous centros participantes asumen o papel de policías científicos e resolven casos criminales a través da análise de diversas probas encontradas. Parellas de detectives formadas por un alumno de cada centro deben poñerse mans á obra para analizar pegadas dactilares e labiais e ADN, das que terán que tomar fotografías, realizar as probas experimentais que crean necesarias e comentar os resultados obtidos, tanto por correo electrónico e videoconferencia como a través das variadas ferramentas que ofrece o TwinSpace. Prevese a realización dunha sesión final na que as parellas de investigadores irán analizando os sucesos e expoñendo as súas conclusións. No camiño irán coñecéndose, aumentando as súas habilidades de comunicación noutro idioma e sobre todo aprenderán a traballar en equipo.

Descargar proxecto de traballo

 

Emocionarte coa arte

Imagen_cuento_Caperucita rojaXa desde a etapa de Educación Infantil se lle concede especial importancia á construción da propia identidade, da madurez emocional e ó establecemento das relacións afectivas cos demais. Partindo desta base e desde o proxecto Emocionarte coa arte, Susana Alonso pretende emocionar ós alumnos de 2º ciclo de Educación Infantil e 1º y 2º ciclo de Primaria, para o que se serve da arte,  entendendo a "expresión musical, corporal e plástica" como medios que permiten interiorizar, representar e exteriorizar sentimentos e emocións. Todo isto mediante a análise e representación de bailes, obras de arte e contos tradicionais propios das distintas culturas dos países participantes. O proceso de traballo e os materiais resultantes desta posta en común de emocións entre alumnos de distintos países europeos será documentado mediante a gravación de vídeos e o escaneado das obras plásticas realizadas, para a súa posterior publicación nun blog. Ademais, prevese a realización de videoconferencias e unha avaliación pormenorizada de todo o proceso de ensino e aprendizaxe.

Descarga proxecto de traballo

 

Fonte imaxes:
A cor nos edificios da miña cidade - Banco de imaxes e sons do INTEF - Javier Penela García
Inter-Rail por Europa - Banco de imaxes e sons do INTEF- Daniel Sanz Zamora
Mitoloxía e música - Banco de imaxes e sons do INTEF- Miguel de la Fuente López
Mobilidade e desenvolvemento profesional do Técnico Superior de Sanidade en Europa - Banco de imaxes e sons do INTEF- Luana Fischer Ferreira
Emocionarte coa arte - Banco de imaxes e sons do INTEF- Jesús Escudero Cuadrado


 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar