Inicio / Ideas / Perlas / Concerto pictórico en Aranjuez
.

Concerto pictórico en Aranjuez

22 
Feb 
2013  |  
 

 

pintar musicaO famoso Concerto de Aranjuez (1939), composición musical para guitarra e orquestra do mestre Joaquín Rodrigo e seguramente, o seu traballo máis coñecido, serve de inspiración para el título deste artigo no que presentamos a actividade que levaron a cabo os alumnos de 5º de Primaria do CEIP SAN FERNANDO DE ARANJUEZ (MADRID), dentro do proxecto eTwinning PAINTERS AND COLOURS WITHOUT BORDERS (Traducido: Pintores e cores sen fronteiras).

 

A actividade, cuxo desenvolvemento e resultados nos levan ata o Real Sitio de Aranjuez,  evócanos momentos para disfrutar co son da auga das fontes, ou co cimbreo das árbores nos xardíns. Así, achegámonos ó proxecto.

Image_grupo_alumnos_participantes

En palabras do coordinador, Juan Jesús Martín Navarro, “O noso proxecto está baseado na expresión artística en educación, lévase a cabo en catro escolas europeas, desde o curso 2010-2011. As escolas son: South Stanley Junior e Tyneview Primary School (Reino Unido), TS Het Molenschip (Bélgica) e CEIP San Fernando (España). Para conseguir os obxectivos propostos no proxecto deseñáronse actividades nas que intentamos implicar a toda a comunidade (profesores, alumnos, familias, concello, centros educativos, artistas locais, medios de comunicación,…).

Image_clase_musicaUna destas actividades, froito da implicación das familias, foi a selección e descubrimento de pintores locais. Tomando con referencia ó artista catalán Santiago Rusiñol, que viviu e morreu en Aranjuez, e cuxo traballo máis destacado son as pinturas sobre os Reales Sitios de Aranjuez e La Granja, Carmen, unha artista local e a avóa  dun dos alumnos de 5º de Primaria, traballou cos estudantes; concedeulles unha entrevista e por último,  asignoulles un traballo sobre o aprendido. Os nenos coñeceron a Rusiñol, sobre os xardíns, cómo preparar a tela antes de iniciar a pintura, como mesturar  cores, ensinoulles una técnica pictórica, e unha vez feito todo isto, e con moita emoción, os rapaces saíron a disfrutar dunha aventura ó aire libre en contacto coa natureza para captar o momento, tal e como facía o artista Rusiñol anos atrás. Despois desta enriquecedora experiencia, os traballos dos nenos expuxéronse nas paredes dos corredores do colexio para que os disfrute toda a comunidade educativa.

 

 

Esta tarefa compartírona cos seus socios Europeos de proxecto, que tamén levaron a cabo actividades como esta; podes ver todo o seu traballo no Twinspace do proxecto:

http://new-twinspace.etwinning.net/web/p57396

Segundo o profesor: o proxecto deseñouse no convencemento de que a arte estimula ós nosos alumnos e desenvolve a  súa imaxinación e creatividade. Nel promóvese a libre expresión de sentimientos e valores, así como o respecto ós diferentes idiomas e culturas. Todos os alumnos, sen importar as súas habilidades, poden comunicarse a través da arte e isto servirá de base para o seu coñecemento doutras culturas e contextos, que aínda que  diferentes, teñen unhas raíces europeas comúns.

O tema do proxecto converteuse no fío condutor de todas as actividades curriculares do noso colexio.

Image_alumna_trabajandoCon este proxecto intentamos desenvolver as destrezas artísticas dos alumnos, usar materiais e recursos próximos e crear experiencias con outras escolas europeas para aumentar o seu coñecemento da arte. Neste entorno de traballo, as escolas socias buscamos fundamentalmente que os alumnos teñan a oportunidade de alcanzar os seus descubrimentos desde a súa propia experiencia e construír así o seu coñecemento máis amplo de diferentes culturas e sociedades; Buscamos preparar os nosos alumnos para ser cidadáns do mundo onde é necesario o traballo cooperativo.

O noso proxecto está integrado no curriculo e trabállase nas diferentes áreas, pero hai que subliñar o incremento do uso das TIC no noso centro para comunicarnos e compartir experiencias cos socios e para crear materiais. Tamén o noso colexio é un centro bilingüe da Comunidade de Madrid e o proxecto seviu para mellorar a aprendizaxe do inglés e sobre todo, como motivación para comunicar e compartir ideas e para viaxar a outros países.

No proxecto tamén colaboraron outros centros educativos (talleres con profesores da Facultade de Belas Artes do Centro Felipe II de Aranjuez da Universidade Complutense y doutros centros de Aranjuez expertos en arte) e institucións (exposicións locais e visita a museos).

Esta actividade e o proyecto, e en todos os países participantes en xeral, tiveron difusión na radio e na prensa local de Aranjuez, e tamén en revistas educativas nacionais como Magisterio Español.

O noso proxecto, que se desenvolve de forma simultánea cunha asociación Comenius,  beneficiou ó centro na súa totalidade. Toda a comunidade educativa coñece que levamos a cabo o proxecto Comenius e que utilizamos o espazo eTwinning como medio para comunicar e compartir experiencias. Por todo isto, o CEIP San Fernando decidiu continuar con estes proxectos e solicitar un novo para os dous próximos cursos.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar