Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Deseña actividades interactivas con LIM
.

Deseña actividades interactivas con LIM

17 
Out 
2011  |  

logolimA ferramenta LIM (Libros Interactivos Multimedia) permite a creación de materiais educativos en formato de libro interactivo, facendo uso  dun entorno sinxelo e obtendo uns resultados atractivos. De utilización e distribución libre -sempre que se respete a súa gratuidade de uso e autoría-, LIM integra un editor de actividades (Edilim), un visualizador e un arquivo en formato XML onde se definen as propiedades do libro e as páxinas que o integran.

Para o seu correcto funcionamento, LIM require un plugin de flash pero non precisa instalación de software no equipo de usuario que só visualiza contidos. Os LIM que se creen poden publicarse en Internet a modo de páxina web e pode accederse a eles de maneira inmediata desde calquera navegador.

No entorno LIM todas as páxinas, sexan descritivas ou interactivas, manteñen unha similar apariencia e presentan os mesmos elementos:

entorno_lim

Entre as vantaxes educativas desta ferramenta poderíamos destacar o seu entorno intuitivo e de fácil uso para alumnado e profesorado. Facilita a creación dunha grande variedade de exercicios (identificar e clasificar textos e imaxes, encher ocos, resposta múltiple, sopa de letras, etc.), ós que engadir textos, imaxes, sonido, vídeo, enlaces e animacións. Todas as actividades permiten autoavaliación, o que facilita o control e seguimento do progreso do alumnado. Ademais, pode utilizarse con PDAs e Pizarras Dixitais Interactivas.

actividad_dibujolim

No proxecto eTwinning Grover on tour, levado a cabo polos alumnos da Escola de Educación Infantil Vagalume (Pontevedra) e outros socios polacos, turcos, portugueses, rumanos e malteses, atopamos un  exemplo de utilización de LIM. O proxecto basease no  intercambio por correo postal e entre todos os centros participantes do coñecido muñeco Coco de Barrio Sésamo, co que os alumnos desenvolven actividades dentro e fóra dos centros educativos. Así, a mestra dos alumnos españois -Mela Rodríguez- recorreu a LIM e a todas as posibilidades que este ofrece para resumir gran parte da experiencia e compartir as actividades resultantes do proxecto. Os alumnos sentíronse motivados ó identificar imaxes e sonidos, resolver puzles, encher ocos, etc. Podes ver o Libro Interactivo Multimedia deste proxecto en: http://www.chiscos.net/xestor/chs/profemela/groverontour/groverontour.html

Por todas as características de LIM anteriormente mencionadas, estimamos que o uso desta ferramenta para a creación de libros multimedia interactivos pode ser facilmente aplicable ás diversas etapas e áreas do currículo educativo.

O seu creador -Fran Macías- traduciu o entorno a 12 idiomas, cuxas versións poden descargarse desde a páxina oficial da aplicación: http://www.educalim.com/. Nela poderás consultar ademais o proceso detallado de creación de actividades así como manuais e vídeotitoriais e atopar inspiración na biblioteca de libros, a través dos numerosos exemplos da utilización de LIM como recurso didáctico.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar