Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / La importancia del aprendizaje visual: infografías en el aula
.

La importancia del aprendizaje visual: infografías en el aula

18 
Out 
2013  |  
 

 

cabecera articulo infografiasVivimos inmersos nunha cultura predominantemente visual. Nos distintos medios de comunicación, nas redes sociais, así como nos distintos soportes susceptibles de aportar información ó público xeral, atopámonos a miúdo  con suxerentes infografías que atrapan a  nosa atención.

 

 

 

As infografías son esquemas visuais cuxo obxectivo fundamental é transmitir información, xa sexa en forma de números ou gráficos, mapas que amosan relacións espaciais entre diferentes elementos, diagramas de fluxo ou rede que reflicten as relacións funcionais entre as partes  dun todo, ou descricións detalladas de procesos e procedementos.

A diferenza máis importante entre a infografía e a mera exposición numérica ou gráfica de datos, es que la infografía cuenta unha historia cunha clara orientación informativa á vez que didáctica. Por un lado, proporciona un formato de lectura atractivo no que o texto se ve apoiado por elementos gráficos estimulantes á vista e, por outro, facilita a comprensión do proceso ou esquema descrito. Pensemos que o noso cerebro está programado para procesar o texto dunha forma lineal, onde cada letra constitúe un símbolo que necesita ser decodificado, mentres que as imaxes son procesadas de forma inmediata logrando así unha percepción máis rápida dos conceptos. Esta característica promove a rápida difusión e alcance da información, un aspecto altamente valorado hoxe en día nunha sociedade dixital sobrecargada de información que busca fórmulas rápidas e efectivas para transmitir e intercambiar coñecementos.

A inmediatez e efectividade visual da infografía para a transmisión do coñecemento é precisamente o aspecto que determina a súa idoneidade para a aula. A infografía é un recurso que proporciona ó docente variedade e orixinalidade na presentación de contidos na aula. Un soporte atractivo para  alumna nunha xungla de datos cuxa asimilación e comprensión apenas require esforzo, que fomenta o pensamento crítico, contribúe á organización de ideas e  axúdalle a reter conceptos e procesos.

Vexamos cáles son os pasos para elaborar una efectiva infografía e os recursos que necesitamos para isto:

claves infografiaefectiva

Cada infografía require de elementos gráficos distintos dependendo do contenido elixido e o tipo de mensaxe que desexamos transmitir. Podemos optar polos tipos infográficos seguintes e realizar múltiples combinacións con eles:

Información numérica e estadística

Este tipo de datos debe ser presentado dunha forma clara e non distorsionada, a imaxe debe facilitar unha correcta interpretación e sempre debe citarse a fonte desde a que se obtiveron os datos. Existen varias opcións, amosamos aquí as máis habituais:

 

art info grafico tartaGráficos de tarta, que indican a división de partes dun todo e as súas proporcións, especialmente útiles  para amosar porcentaxes. Debemos evitar a presentación de numerosas particións pois o gráfico resultante resultaría confuso.

 

art info grafico lineasGráficos de líñas, moi útiles para mostrar cambios  expresados en números durante un período de tempo concreto. 

 

 

art info grafico barrasGráficos de barras, para representar un conxunto de datos ou valores e conformado por barras rectangulares (orientación vertical ou horizontal) de lonxitudes proporcionais ós valores representados. Moi útiles para a comparación de dous o máis valores.

 

art info grafico areaGráfico de áreas, parecidos ós gráficos de líñas en tanto que representan gráficamente unha ou varias series de datos. Resultan especialmente útiles para expresar os cambios que se producen nos valores entre as distintas categorías de datos.

 

art info grafico coordenadasGráfica de coordenadas,  permiten representar as relacións e funcións  e extraer conclusións de forma moi clara.

 



  Pódenvos resultar de interese os siguientes recursos gratuítos en líña para realizar este tipo de gráficos na aula:

Create a graph

. Disfruta las matemáticas.com

. Infogr.am

.Google Public Data Explorer

.Google Charts

. Hohli

Mapas

Resultan moi útiles como recursos infográficos para amosar a ubicación dun acontecemento ou a evolución dun fenómeno e a súa dispersión pola xeografía.

infografía national geographic

Exemplo de infografía de mapa. Fonte imaxe: National Geographic.com.es  Título: Caza furtiva de elefantes

Enlaces a recursos útiles gratuitos para os teus mapas infográficos:

Freemap

250 monumentos del mundo

Statsilk World bank Open Data

Worldmapfinder

Geocommons

Táboas

Mediante táboas podemos presentar datos descritivos cuxa visualización resulta máis doado cando se colocan en columnas que cando usamos un gráfico de líñas ou barras, por exemplo, para indicar horarios, distancias, contrastar datos numéricos de diversa natureza, etc.

grafico de tabla

Exemplo de táboa. Fonte imaxe: Ranking.com

Representación de procesos ou descrición de eventos

Son especialmente útiles cuando se desexa mostrar un proceso, un  funcionamento ou a  simple evolución dun fenómeno.Tamén se usan para explicar relacións complexas entre diversos elementos ou incluso xerarquías. Podemos atopar exemplos sinxelos usando un simple diagrama de Venn ata representacións complexas que requiren de maiores destrezas artísticas e de deseño gráfico.

 infografia-tsunami-chile-580x488

Fonte da imaxe MC Autor: Patrice Deré

Pódenche resultar útiles os seguintes recursos que inclúen un tipo de licenza gratuíta:

Creately

Lucidchart

A introdución de novas ferramentas TIC e a necesidade de visualizar cada vez máis cantidade de datos deu orixe a novas formas gráficas e creativas de amosar a información como os gráficos de burbullas, os gráficos de dispersión, de caudais que representan valores que evolucionan e se reparten desde un valor principal, as nubes de palabras, os gráficos de silueta, que empregan imaxes para representar datos, incluso as infografías animadas que bordean máis a arte que a propia información.

graficos de dispersion burbujas

Exemplo de gráfico de dispersión. Fonte das imaxes: Google charts

infografía eclipse animada

Exemplo de infografía animada. Fonte imaxe: Hiru.com Título: eclipse solar

Independientemente do tipo que usemos, no debemos olvidarnos do propósito didáctico que nos ocupa na aula, de centrarnos na información, hacer comprensible o que é complexo reducindo, organizando e sintetizando datos, tratando de representar visualmente o que poidamos, pero sempre suboordinando o deseño á correcta visualización do contido. Trataremos de converter a aprendizaxe nunha historia adaptando o vocabulario e complexidade expositiva dacordo co nivel dos nosos alumnos,  centrando o contido en torno a información clara, precisa e fiable, baseada en feitos e citando fontes de información.

Existen numerosas ferramentas da web 2.0 con algún tipo de licenza gratuíta que nos poden axudar a dar os primeiros pasos no mundo da infografía, tales como Piktochart, Easel.ly,  Proporcionan unna serie de plantillas facilmente editables en cuanto fontes tipográficas, cores e iconas gráficas e formas básicas. En xeral, son ferramentas moi intuitivas, de fácil uso nas que o usuario vai compoñendo a imaxe a través de opcións do tipo ' drag and drop' ('arrastrar-soltar') sobre a área de traballo. Quixemos probar unha delas, en concreto Piktochart, e deseñar un exemplo de infografía para a aula. Incluímosvos a continuación un breve titorial para que aprendades a usala:

 


infografia consejos vida sanaPicando na seguinte imaxe poderedes ver un exemplo ampliado da infografía para Primaria que preparamos baixo o título 'Consellos para unha vida saludable'.

 

 

A INFOGRAFÍA NOS PROxECTOS ETWINNNING

A infografía é un recurso moi útil para dar vistosidade ós proxectos eTwinning.

Podemos remitir ó centro socio unha serie de datos recompilados polos nosos alumnos, e que logo sexan eles os que monten a infografía, podemos compartir unha mesma conta e que os alumnos negocien os contidos e deseño dunha mesma infografía. Pódese usar tamén  para recompilar o proceso de desenvolvemento do proxecto e as conclusións acadadas. Para amosar o resultado da avaliación do proxecto mediante porcentaxes e representar mediante datos gráficos os aspectos positivos e mellorables. En fin, as posibilidades son infinitas, o límite está na vosa propia imaxinación.

 

 

 

 

 

 

FaceBook-handwritten icon

LANZAMOSVOS UN RETO

Esperamos que o artigo servise para estimular o voso interese polo uso deste tipo de ferramentas visuais para a aula e vos atrevades a probalas. Se é así, nos gustaríanos coñecer as vosas propostas creativas e que podades intercambiar este tipo de materiais. Para isto, propoñémosvos o seguinte. Invitámosvos a formar parte do noso grupo de eTwinning en FACEBOOK e que subades un exemplo de infografía para a aula baseada en calquer contido curricular de calquer etapa ou área educativa. Prometemos recompilar as propostas máis creativas que surxan e publicalas nun futuro artigo na nosa web. Estamos desexando compartir as vosas ideas, seguro que logrades sorprendernos.

 

Fonte da imaxe de cabeceira e imaxes da infografía: Fotocomposicións do Servizo Nacional de Apoio eTwinning a partir de imaxes de uso libre de Freepik, Iconspedia e Clipart-fr.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar