Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Inxenio e Talento eTwinning: Presentacións con Emaze
.

Inxenio e Talento eTwinning: Presentacións con Emaze

02 
Feb 
2015  |  
 

 

 

 

ideas

Emaze, unha sinxela aplicación para realizar impactantes presentacións

Ángel Luis Gallego, embaixador eTwinning en Extremadura e docente de Latín no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz) amósanos Emaze, unha interesante ferramenta para crear presentacións online.

  

 

 

Para un dos cursos de formación que estamos impartindo na nosa Comunidade Autónoma quixen utilizar un programa distinto a Prezi pero que tivera a mesma forza visual. E escollín Emaze.

emaze 1 2015

 

 

Emaze é unha ferramenta web 2.0 que serve para crear presentacións online. O seu punto forte estriba na súa sinxeleza de manexo e na espectacularidade das súas plantillas predeseñadas. Pode visualizarse e editarse en calquer dispositivo (ordenador, tablet, smartphone). Incluso inclúe unha ferramenta de tradución. Na súa opción gratuíta  permítenos dispoñer 200 MB de almacenamento para todos os nosos proxectos, pero tamén podemos solicitar unha conta con fins educativos. O resultado do teu traballo  pódese embeber directamente nunha páxina web ou nas redes sociais.

emaze2 2014

 

 

Unha vez rexistrados, accedemos ó noso escritorio. Nel atopamos tres pestanas:

·         MY, onde podes ver as túas presentacións e crear unha presentación nova.

·         SHARE, onde atoparás as presentacións que compartiches.

  • EXPLORE,  desde onde accedes a outras presentacións públicas gardadas na Biblioteca do programa.

 emaze3 2015

 

Emaze permíteche subir unha presentación .pptx ou crear unha nova co propio programa. Se preferimos isto último, temos que facer clic en + e escoller unha plantilla das cerca de 40 que a aplicación ofrece. Algunhas delas son en 3D; outras ofrecen 3 ou 4 temas diferentes.

emaze4 2015

 

Unha vez escollida a plantilla, Emaze lévanos á mesa de traballo, cunha barra de ferramentas moi intuitiva que permite escoller diferentes formatos de texto, incluír imaxes, incrustar calquera tipo de obxecto e engadir formas e gráficos

emaze5 2015

 

Fixádevos na variedade de materiais que permite incrustar: audios, vídeos, mapas, animacións, etc...

emaze6 2015

 

 

Cando facemos clic sobre un texto aparécenos unha barra de ferramentas propia con opcións tan chamativas como Fx ou 3D.

emaze7 2015

 

Na parte esquerda amósanse as diversas diapositivas que vas creando. Se queres engadir unha pulsa sobre o botón “+ Slide”. Tamén podes crear seccións dentro da túa presentación.  Por outro lado, ó poñer o rato sobre cada unha das diapositivas encontras as opcións de borrar, duplicar e configuración.

emaze8 2015

 

Non te olvides de ir gardando o teu traballo cada certo tempo, e observa cómo che vai quedando. Para isto utiliza os botóns situados na parte superior emaze9 2015

 

Desde o botón de Play (ou desde o escritorio principal) accedes ás funcións de compartir, tradución, impresión, descarga (só coa versión de pago) e duplicar.emaze10 2015

 

O programa permíteche compartir a túa presentación directamente nas redes sociais, e  facilítache o código embed para que o incrustes no teu proxecto eTwinning. Aquí, na parte inferior, é onde a presentación che permite que sexa colaborativa, engadindo o email. Lamentablemente por agora é unha opción de pago.

 

emaze11 2015

 

 

Como vedes, Emaze é unha ferramenta moi sinxela e impactante que podemos utilizar nos nosos proxectos eTwinning. Con ela podemos realizar numerosas actividades, tales como creación de vocabularios, un periplo viaxeiro, explicar obras de Arte, analizar ou traducir textos e utilizalo como base para unha discusión nun foro,  amosar imaxes do entorno ou históricas, etc.

Importante sobre o uso de Emaze:

Tanto a descarga como a colaboración nunha mesma presentación faise a través de suscrición de pago, aínda que con prezos reducidos no caso de profesores.

 

 

Fonte imaxes: Pantallazos ferramenta Emaze.

 

 

 

 

 

 


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar