Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Uso responsable de recursos de Internet
.

Uso responsable de recursos de Internet

15 
Out 
2015  |  
 

 

candado pequeño

Un dos aspectos nos que é necesario reflexionar e formar ós nosos alumnos é o uso adecuado dos recursos que se encontran en Internet, o respeto ós autores e ó tipo de licenza co que se encuentran publicados.

 

 

 

 

 

O uso extendido de Internet para buscar información e a facilidade con que se encontran textos, imaxes, música, vídeos, pode facer supoñer que están libres de dereitos de autor e pódense reproducir, modificar e volver a publicar de novo en Internet, en proxectos de traballo que se pide que realicen os alumnos.

No momento en que se utiliza Internet como un recurso de aula para a realización de actividades, é necesario que os nosos alumnos teñan conciencia que a accesibilidade a calquera recurso non implica liberdade de uso, xa que, en gran medida os contidos que se encontran en Internet teñen algún tipo de licenza de uso e un autor ó que hai que conceder o adecuado recoñecemento pola obra que realizou.

Dous pequenos xestos que axudarán a evitar posibles usos fraudulentos de materiais sacados de Internet ós que debemos acostumarnos na comunidade educativa é comprobar o tipo de licenza que ten ese recurso, que poden ser tan cerradas como ter copyright que impide a súa reprodución en calquera contexto sin permiso expreso do autor, ou tan abertas como que estean publicados como copyleft, que permite o uso, reprodución, modificación e distribución do recurso, sempre que se manteñan as mesmas condicións de uso. Entre ambos hai varios tipos de licenza que serán máis restritivas ou menos. Coñecer o tipo de licenza de uso evitará desgustos posteriores.

Nos proxectos eTwinning pídese que imaxes e sonidos que se utilizan cumplan co requisito de ter unha licenza que permita o seu uso para estes proxectos, ou ben que os realizasen os propios participantes no proxecto.

O segundo xesto que axudará a respectar os dereitos do autor é o recoñecemento dos traballos realizados. Calquera recurso que se decida utilizar, unha vez verificado que está publicado baixo unha licenza que así o permite, debe documentar quen é o autor dese material, indicándoo no sitio adecuado: debaixo dunha imaxe que se utiliza para ilustrar un texto, ó final dun vídeo....

Atopar o espazo adecuado onde se indique o autor, o enderezo web de onde se  tomou, e a data na que se descargou de Internet ese material.

Pero tamén se pode evitar usos indebidos de recursos se se utilizan os repositorios, buscadores e plataformas que ofrecen os seus recursos gratuítos e libres.

Propoñemos algúns espazos nos que se poden atopar imaxes:

Banco de imaxes do INTEF: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web

Buscador de creativecommons: http://search.creativecommons.org

Flickr's Creative Commons Free Pictures: https://www.flickr.com/groups/creative_commons-free_pictures

Gratisography: http://gratisography.com

morgueFile: http://www.morguefile.com/archive

Pics4Learning: http://pics.tech4learning.com

Photo5: http://photos5.com

Pixabay: https://pixabay.com/es

Nunha mirada rápida ós proxectos eTwinning, poderíamos dicir que a maior parte dos vídeos que se producen nos proxectos inclúen música, e na maioría dos casos, música comercial. Para que os nosos alumnos poidan utilizar música nos seus vídeos sen asumir riscos de transgredir a legalidade, propoñemos algúns espazos onde se pode atopar música gratis e con licenzas libres:

Freesound: https://freesound.org

Jamendo: https://www.jamendo.com/es/welcome

En caso de que queiras profundizar un pouco máis neste tema da reutilización de recursos que se poden encontrar  na web, recoméndoche un curso de autoformación que se encontra publicado na página web do INTEF, dentro do espazo dedicado a Formación, no apartado de materiais formativos en aberto  Creación, reutilización e difusión de contidos

 

Fonte imaxe:  http://www.morguefile.com/archive , 15/10/2015. Autor pippalou

 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar