Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Ingenio y Talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas en proyecto eTwinning
.

Ingenio y Talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas en proyecto eTwinning

27 
Xan 
2014  |  
 

 

ideasClaire Chevalier e Ángel Luis Gallego, embaixadores eTwinning en Francia e España e docentes de Latín no Lycée Benjamin Franklin de Auray (Francia) no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz), ensínannos a usar a ferramenta Cacoo.

 

 

 

 

O noso actual proxecto eTwinning-Comenius titúlase “The incredible life of Marcus Poncius Europaeus”. Nel propoñémonos contar a vida deste personaxe de ficción que viaxa polo noso continente coñecendo os problemas que nos afectan.

Para definir cómo sería o noso personaxe, decidimos crear a actividade Creation of character. Un dos pasos consistía en engarzar os diferentes episodios da súa vida. E para isto utilizamos Cacoo.

ingenio cacoo 1b

Cacoo é unha ferramenta web 2.0 que serve para crear diagramas online. Permítenos crear Bocetos de pantallas ou de páginas web, diagramas de fluxo, diagramas de rede, mapas mentais, diagramas UML, etc, de forma colaborativa con outros usuarios. O feito de que os alumnos poidan traballar simultaneamente dános idea do seu valor para os proxectos eTwinning, especialmente en actividades de “tormentas de ideas” e de construción conxunta de esquemas.

Como calquera boa ferramanta web 2.0 que se precie, Cacoo ten tamén a súa aplicación para móbiles, que por agora permite a visualización dos diagramas. É un primeiro paso para que os alumnos poidan traballar desde tabletas e smartphones.


ingenio cacoo 2b

Cacoo é unha ferramenta con interfaz traducida ó castelán. A súa versión gratuíta permíteche crear hasta 25 diagramas. O primeiro que faremos será rexistrarnos.

ingenio cacoo 3

Unha vez rexistrados, accedemos á pantalla principal do noso escritorio, onde atoparemos os nosos diagramas. Podemos organizar os nosos proxectos en carpetas propias ou compartidas, pulsando no botón correspondente. Se non temos ningún proxecto, pulsamos en “crear novo diagrama”.

ingenio cacoo 4
 O programa levaranos á outra pantalla, na que podes seleccionar unha plantilla e traballar desde ela, ou empregar as ferramentas que aparecen nas ventás flotantes da parte dereita. Observa que na parte superior atopamos outras opcións moi útiles, como facer e desfacer, copiar, texto, insertar imaxes, táboas, etc. Os botóns verdes permitiranche exportar e compartir o teu traballo, editar as propiedades e gardalo.

Unha interesante opción da ferramenta é o chat que nos ofrece nunha ventá, co que os alumnos que estean traballando en grupo poden comunicarse entre eles de forma inmediata.

 ingenio cacoo 5

 

ingenio cacoo 6Para compartir o diagrama só temos que pulsar no botón verde e engadir os correos electrónicos dos alumnos. Este mesmo botón serviranos posteriormente para compartilo nas redes sociais:

 

 


Para a actividade “creation of the character”, creamos un diagrama no que os alumnos teñen que poñerse dacordo na orde dos episodios da vida de Marcus.

ingenio cacoo 7

O manexo do taboleiro é moi sinxelo. Só debes arrastrar os obxectos e situalos onde consideres que é o lugar máis axeitado.

ingenio cacoo 8

Con Cacoo podes debuxar, incluír texto e imaxes subidas dende o noso ordenador. Tamén incorpora unha ampla biblioteca de imaxes predeseñadas, figuras xeométricas, bocadillos, etc.

ingenio cacoo 9Una vez que teñamos acabado, podemos exportar o noso traballo a formato PNG pulsando no botón verde ou compartilo nas redes sociais ou mediante un enlace, pulsando no botón verde correspondente. O diagrama admite comentarios.

 

 

 

 

ingenio cacoo 10


Cacoo é unha excelente ferramenta con moitísimas posibilidades en proxectos colaborativos. Con ela podemos realizar traballos en equipos transnacionais sobre o tema que desexemos, dende a elaboración dun mapa conceptual hasta presentacións, pasando por diagramas, datos estadísticos, etc. Os alumnos tamén poden realizar análises dunha imaxe, dunha frase, prácticas de vocabulario, explicacións de conceptos... Un último campo nada rexeitable é o seu uso para a creación de viñetas,  anuncios, etc.

 

Fonte imaxes: pantallazos do programa Cacoo no desenvolvemento do proyecto eTwinning “The incredible life of Marcus Poncius Europaeus”.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar