Inicio / Premios eTwinning 2010 / TRIANGULO, a percepción da agua na Península Ibérica
.

TRIANGULO, a percepción da agua na Península Ibérica

17 
Mar 
2010  |  

Título: TRIANGULO

Etapa educativa: Segundo ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria

Materia: Enerxías Renovables e Medio Ambiente

Froito do Encontro eTwinning entre profesores españois e portugueses en Santiago de Compostela (xaneiro de 2008) surxe o irmandamento dos profesores Mauricio del Gallego, Marta Pey e Isabel Monteiro. Así, os Institutos Llanera (Asturias), Jaume Callis (Cataluña) e Escola Secundária de Pinheiro e Rosa (Faro, Portugal) sumérxense neste proxecto coa intención de abordar os problemas medioambientais das tres zonas irmandadas. O título recrea perfectamente o tipo de colaboración establecida entre os participantes -sólida, sen deformacións, como a figura xeométrica referida- que, aínda que breve, conseguiu resultados destacables.

Triangulo1

O centro de gravedade deste triángulo-proxecto foi a auga, un problema e un tema recurrente que percorre a península ibérica de norte a sur e de este a oeste. Os alumnos investigaron e presentaron diversos traballos sobre o consumo, aforro, embotellamento, a contaminación, a reciclaxe e o tratamento que os medios de comunicación dan á escaseza de agua e as súas consecuencias nos dous países veciños. O papel de guía adoptado polos profesores permitiu ós participantes ser os protagonistas da súa aprendizaxe e desenolver diversas competencias. A metodoloxía empregada e os temas desenvoltos posibilitaron adaptar o traballo a diferentes materias curriculares en cada centro participante: Castelán, Ciencias Medioambientais e Proxecto de Investigación.

As TIC adquiriu un grande protagonismo en todo o traballo posibilitando a comunicación entre os participantes dos distintos centros, facilitando a súa colaboración e garantindo a consecución de materiais mixtos. O contido global do proxecto publicouse nun blog. Ademais, os propios alumnos foron os responsables doutros blogs temáticos relacionados cos distintos aspectos da agua expuestos.

Trátase, en definitiva,  dun proxecto sobre un tema importante e de actualidade, con interacción entre os socios, ben planificado e coordinado e perfectamente integrado no currículo. É en sí mesmo, un recurso educativo para a aula. O uso do español como lingua de traballo, sumado ós detalles destacados anteriormente fixeron ó proxecto merecedor do Premio Europeo eTwinning 2010 na categoría especial de Lingua Española.

Enlace:
Blog principal

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar