Inicio / Premios eTwinning 2010 / Acabar cos estereotipos "Sous le ciel de la compréhension"
.

Acabar cos estereotipos "Sous le ciel de la compréhension"

04 
Mar 
2010  |  

Título: Sous le ciel de la compréhension

Etapa educativa: Educación Secundaria Postobrigatoria

Asignatura: Interdisciplinar

Este proxecto, gañador da Categoría Especial de Lingua Francesa dos Premios Europeos eTwinning 2010, surxe da convicción dos participantes de que os cidadáns europeos, aínda vivindo baixo o mesmo ceo, coñecemos moi pouco  uns dos outros.

Co fin de botar abaixo este tópico, os alumnos do Istituto Paolini Cassiano (Italia) e do centro Zespól Szkól Tekstylno-Handlowych (Polonia) abordaron este traballo. Fixeron unha inmersión nalgúns aspectos históricos e culturais da vida dos seus socios e chegaron á conclusión de que a comprensión e o coñecemento acaban cos estereotipos e aumentan a tolerancia. Todo isto baixo a envolvente cúpula celeste da lingua francesa, elemento común que reforzou a comunicación.

Sous_le_ciel1

Con grande dose de orixinalidade, os estudantes foron lanzando ó espazo as estrelas do seu traballo: o diccionario ilustrado de expresións idiomáticas en francés, polaco e italiano, o intercambio de información acerca das distintas formas de celebración das festividades en cada país, o labor de investigación en torno a un personaxe histórico de cada rexión, unha enquista sobre os hábitos alimenticios e elaboración de vídeo-recetas, o concurso de logos, etc.

Pero sen dubidas, a estrela de maior magnitude é o diccionario comparativo de xestos polacos e italianos.  

Sousleciel1

O documento, froito dunha perfecta colaboración, amosa a través de imaxes e vídeos dos propios alumnos, como a linguaxe corporal e xestual xoga un importante papel na comunicación e resulta clave para comprender as diferenzas entre culturas. Resulta divertido observar que existen xestos idénticos en ambos países, outros que aínda sendo iguais, non significan o mesmo e outros, completamente diferentes. Canta gente!, Cálmate! o Teño fame non se expresan cos mesmos movementos en Italia que en Polonia e no resto de Europa.

Sous_le_ciel3

Este excelente irmandamento contribuíu a incrementar a competencia nas TIC dos participantes: ferramentas como Skype ou o correo electrónico para a comunicación entre profesores e alumnos, programas para a edición de imaxe, sonido e vídeo, o TwinSpace e o Diario de Proxecto son algunhas das utilizadas.

Por outra parte, o proxecto estivo presente en diversos acontecementos extraescolares das cidades dos centros irmandados: a Xornada da Francofonía e a Semana Internacional da Lingua Francesa en Polonia e o carnaval de Ímola en Italia.

Enlace:

TwinSpace público (plataforma TwinSpace antiga)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar