Inicio / Premios eTwinning 2010 / Creative Commons, un ensino innovador da licenza dixital
.

Creative Commons, un ensino innovador da licenza dixital

23 
Feb 
2010  |  

Título: Creative Commons

Etapa educativa: Segundo ciclo de ESO e Primeiro curso de Bacharelato

Materia: Informática / Lingua estranxeira / Tecnoloxía / Lingua e Literatura

Se hai un proxecto que represente a filosofía de eTwinning éste é Creative Commons, un proxecto que destaca polo equivoco/o dobre sentido do seu título: un tipo de licenza para a publicación e a edición dixital, e un xeito creativo de comunicarse e xerar resultados conxuntamente.

creative_commons

Neste sentido o traballo desenvolto polos centros Immaculata Instituut (Bélgica) e IES Joaquín Costa (España) destaca pola creatividade das tarefas que alumnos e profesores levaron a cabo a través  das ferramentas da Web 2.0.

A idea de aunar ambas ideas favorece que se traballen aspectos que van máis alá dos contidos e os obxectivos máis formais como a toma de conciencia da importancia do respeto á propiedade intelectual, a responsabilidade no uso dos recursos que a rede pon á nosa disposición e dos que nós poñemos a disposición dos demáis.

Neste sentido cada un dos estudantes era responsable de elaborar e manter un blog de presentación no que se incluían unha breve descrición de cada estudante, unha galería fotográfica, unha enquisa de gustos musicais, etc.

O proxecto estruturouse segundo dez capítulos que incluían os seguintes exercicios: Constrúe o teu propio blog con WordPress; inclúe unha imaxe de encabezado no teu blog; introduce unha presentación con Rock You; escribe un artigo no teu blog; engade un contador; modifica fotografías dos teus socios; utiliza o sindicador de noticias RSS; clasifica os contidos máis valorados de google; engade unha enquisa; crea unha película con son; e realiza unha avaliación. Para isto, facilitouse un repositorio onde atopar recursos libres que facilitaran o traballo dos estudantes e un titorial para poder aprender a manexalos con soltura.

A continuación presentamos un enlace a un dos exercicios que promove o coñecemento e uso das licenzas Creative Commons:

Para rematar é moi apreciable a sostenibilidade que caracteriza a este proxecto, segundo a cal os materiais elaborados poderán ser utilizados con alumnos doutros cursos e con profesores interesados en iniciarse na Web 2.0.  Por todo isto este proxecto foi recoñecido cun Premio Nacional 2010. Podes ver unha publicación dixital do centro español pulsando aquí.  

Enlaces:

TwinSpace

Blog

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar