Trade and logistics between countries of the European Union, una metodoloxía de simulación
Título: Trade and logistics between countries of the European Union
Etapa educativa: Secundaria postobrigatoria - Formación profesional
Materia: Transporte internacional de mercancías (Comercio Internacional e xestión comercial e marketing)
Tres centros europeos con ensino de formación profesional, Berufskolleg für Wirtschaft und Verwaltung (Alemania), ROC Nijmegen (Países Bajos) e o centro navarro IES María Ana Sanz, a cargo do profesor Gustavo Huguet Lafuente, levaron a cabo este proxecto titulado Trade and logistics between countries of the European Union. Con el ofreceuse ós alumnos a oportunidade de aprender sobre asuntos económicos, simulando operacións de compra-venta mediante o intercambio de experiencias cos seus socios estranxeiros mediante as TIC.

Pese a non ser un proxecto que destaque especialmente polo uso das TIC, alumnos e profesores fixeron uso da plataforma eTwinning, de ferramentas de comunicación propias de Internet (chat, foro, correo electrónico), de programas ofimáticos (procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, etc.) e de tradutores en liña. Utilizaron Skype para coñecerse mellor e mellorar a práctica oral do idioma estudado no seu curriculum, o inglés. O proxecto sobresae por poñer en práctica una nova metodoloxía de simulación e traballo en grupo grazas á cal os alumnos alcanzaron a cualificación necesaria que se precisa para unha integración laboral óptima.
Neste sentido, os alumnos traballaron as áreas do comercio e a loxística, simulando un proceso de exportación e importación de produtos e ocupando, dunha parte, a posición de vendedor e doutra, a de comprador. Para isto trataron: compra-venta internacional entre estados membros da Unión Europea; investigación de mercados; redacción comercial e cumplimentación de documentos relacionados co transporte e a compra-venta
Cada un dos alumnos encargouse das actividades nas que tiñan máis soltura: uns redactaban cartas comerciais co procesador de textos, outros realizaban presentacións, outros buscaron información en Internet, etc. para despois poñer o traballo en común antes de subilo á plataforma ou envialo por correo electrónico. En definitiva, un bo traballo en equipo. Por todo isto este proxecto ten sido recoñecido cun Premio Nacional eTwinning 2010.
Enlaces:
Premios eTwinning 2010
- Maths and Earth, aplicación de las matemáticas a la realidad
- Con Like a bird visita o patrimonio cultural europeo
- TRIANGULO, a percepción da agua na Península Ibérica
- Uniting through legends y la creación de cuentos colaborativos
- Schoolovision 2009, a Eurovisión escolar
- Observa a aplicación da Física e a Química con Magic but real experiments
- Acabar cos estereotipos "Sous le ciel de la compréhension"
- LED – Learning and Teaching Furniture Design in Europe, unha moderna colección de mobles
- Atraentes actividades infantís en Colours of life: common story written by children
- Creative Commons, un ensino innovador da licenza dixital
- Double-e: e-magazine on European issues, a revista dixital máis europea
- Searching Twelve Labors to Hercules, un exemplo creativo de ensino interdisciplinar
- Descubre a arte da linguaxe con CommunicArt
- Coñece toda a actualidade europea en Into news!
- Trade and logistics between countries of the European Union, una metodoloxía de simulación
- Promoción da arte Infantil, Grandi quadri e piccoli pittori, Grandes cadros e pequenos pintores
- Conservando o planeta a partir de 50 easy things you can do to save the Earth