Inicio / Premios eTwinning 2010 / Descubre a arte da linguaxe con CommunicArt
.

Descubre a arte da linguaxe con CommunicArt

11 
Feb 
2010  |  

Título: CommunicArt

Etapa educativa: Segundo ciclo de Educación Primaria

Materia: Educación Plástica e Visual / Inglés

Neste proxecto, levado a cabo polos alumnos de 9 a 10 anos do centro Ramon Macip - Dolors Granés xunto cos seus compañeiros polacos da mesma idade, realízanse distintas actividades encamiñadas ó desenvolvemento da creatividade e a expresión artística dos alumnos. O seu toque de orixinalidade, favorecido polo constante uso de ferramentas TIC, enriqueceu o intercambio de aspectos culturais e a comunicación mediante unha lingua estranxeira.

communicart

O inicio do traballo coas presentacións dos alumnos dos distintos centros mediante unha actividade lúdica reflicte a creatividade impreganada en todo o proxecto. Éstas realizáronse a través de fotografías propias que, retocadas co programa Paint Shop Pro, os compañeiros estranxeiros tiveron que relacionar con cada unha das descricións individuais recibidas dos seus socios. Porén, quizais non sexa este o exercicio máis chamativo do proxecto; coa actividade "Our School Alphabet", recoñecida co premio de fotografía de La Mostra 09 de Produccions Audiovisuals Escolars, crearon un abecedario con diversos elementos e partes do centro que capta a atención e interese de calquera espectador.

Sen dúbida algunha, a colaboración dos profesores, Jessica Júarez Tarela (España) e Alina Pogorzelska (Polonia) foi imprescindible para que o proxecto teña seguido o calendario previsto e conseguido os obxectivos formulados. Así mesmo, a creación de parellas intercentros permitiu a elaboración de produtos conxuntos, elemento clave en todo proxecto eTwinning, pero de difícil consecución.

En definitiva, o uso de ferramentas TIC, tanto no desenvolvemento como na posterior mostra das actividades e o traballo cooperativo fomentaron unha educación interdisciplinar á vez que multilingüe e multicultural. Por todo isto, CommunicArt  foi  un dos elixidos como Premio Nacional eTwinning 2010.

Enlaces:

Web do centro

Concurso La Mostra 09

TwinSpace público (Plataforma TwinSpace antiga)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar