Inicio / Premios eTwinning 2010 / Observa a aplicación da Física e a Química con Magic but real experiments
.

Observa a aplicación da Física e a Química con Magic but real experiments

09 
Mar 
2010  |  

Título: Magic but real experiments.

Etapa educativa: Educación Secundaria.

Materia: Física e Química, Linguas estranxeiras (Inglés, Francés).

Premiado na categoría especial «Matemáticas e ciencias», este proxecto destaca non só polos  contidos  curriculares desenvoltos e a metodoloxía empregada,  senón polo entusiasmo co que traballaron os alumnos de Rumania, Portugal, Polonia, Lituania e España. As prácticas da materia Física e Química (movemento, forzas, fluídos, vibración e ondas, electricidade e magnetismo, óptica, propiedades da materia, reaccións e químicas, etc.) traspasaron as paredes do laboratorio  e instaláronse temporalmente no domicilio dos estudantes, na aula ou noutras dependencias do centro escolar para finalmente quedar almacenadas no espazo virtual común dos participantes.

eT_en_prensa_losFlipy


Experimentos sinxelos e unha maneira creativa de ensinar e aprender Física-Química supuxeron para os docentes e os estudantes un cambio significativo na percepción da dificultade dos temas tratados e na actitude coa que abordaron as tarefas;  algúns alumnos atrévense incluso a calificala como “unha forma moito máis divertida que a mera explicación de contido”. Podes ver un exemplo  dos 88 experimentos a continuación:

Cabe destacar a estupenda coordinación entre os socios durante o tempo que durou este traballo. Tanto o coordinador español, Manuel Díaz Escalera, coma os profesores de Linguas estranxeiras (inglés e francés) do seu centro, e os socios europeos tomaron decisións de forma consensuada, deixaron escritos os plans de traballo e fixaron as datas de presentación e remate de actividades. E todo isto foi posible polo amplo uso que fixeron das TIC: foro, correo electrónico, calendario de eventos, chat, taboleiro de anuncios e o blog. Este último foi o grande protagonista  da publicación e difusión dos documentos xunto co vídeo digital, as ferramentas do Twinspace, os motores de busca, as plataformas de imágenes digitais como Flickr, etc.

Resulta moi satisfactorio para o visitante do blog, comprobar que houbo unha alta participación de alumnos e que estes foron  especialmente sensibles coa responsabilidade que tiñan cara os seus compañeiros europeos, de xeito que se esforzaron por facer as grabacións de vídeo o mellor posible. Rodeados dos útiles de laboratorio e dos materiais que interveñen en cada proba, posan para a cámara, fan un excelente uso da lingua estranxeira e explican de forma detallada e amena todo o proceso asociado á mesma.  E non son magos, están no Colexio Sagrado Corazón de Sevilla.

Enlaces:

Blog do proyecto
Blog de experimentos
Canal en YouTube
Certame EducaRed A navegar

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar