Inicio / Premios eTwinning 2010 / Promoción da arte Infantil, Grandi quadri e piccoli pittori, Grandes cadros e pequenos pintores
.

Promoción da arte Infantil, Grandi quadri e piccoli pittori, Grandes cadros e pequenos pintores

11 
Feb 
2010  |  

Título: Grandi quadri e piccoli pittori, Grandes cadros e pequenos pintores

Etapa educativa: Segundo ciclo de Educación Infantil

Materia: Educación Plástica e Visual

Este proxecto é un modelo de acercamento das TIC e da dimensión europea nunha etapa, a Educación Infantil, na que é menos común a práctica de actividades que desenvolvan tales aspectos. Mediante éstes, a pintura e a literatura intégranse outros contidos do ciclo en diversas actividades nas que o desenvolvemento da creatividade dos alumnos xoga un importante papel. O traballo realízase en cada unha das tres aulas do segundo ciclo de Educación Infantil de dous centros, o Colexio Público Tremañes (España) e a Scuola dell''infanzia F.lli Cervi, Noverasco Opera (Italia).

Grandi_quadri

 

A primeira actividade na que os alumnos participantes se presentan permite facerse unha idea da orixinalidade do proxecto no seu conxunto. Así, sempre cun carácter lúdico, en cada clase tiveron que adiviñar o/a neno/a que se agochaba tras unha cara tapada coas mans, un retrato elaborado con calcos ou unha fotografía deformada. Grazas a esta actividade e pese á súa corta idade, os alumnos recoñecen ós seus corresponsables, os seus rostros e os seus nomes.

O resto do traballo consistiu na mostra e reprodución por parte dos máis pequenos de diferentes estilos artísticos, a partir da selección dun conxunto de seis pintores españois e italianos. As obras infantís resultantes deste proxecto teñen causado  a admiración dos profesores e familias, que estiveron informadas en todo momento das actividades levadas a cabo e tiveron acceso á súa publicación. Grazas a ésta ti tamén podes ver os resultados.


Embed Embed this video on your site

 

 

A perfecta organización do TwinSpace, a tradución de cada un dos materiais ós dous idiomas (español e italiano) e como non, os resultados conseguidos, reflexan a boa comunicación e colaboración establecida entre os seis profesores participantes. O seu traballo é froito dun irmandamento entre os dous centros que xa cumpliu 5 anos e que agardamos siga contribuíndo ó crecemento da acción eTwinning.

Finalmente, mantendo a metodoloxía participativa, colaborativa e creativa propia da Educación Infantil, este proxecto é un modelo de cómo participar en eTwinning con alumnos desta etapa, o que foi recoñecido cun Premio Nacional eTwinning 2010.

Enlaces:

Blog

TwinSpace público (plataforma TwinSpace antiga)

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar