Inicio / Premios eTwinning 2010 / Schoolovision 2009, a Eurovisión escolar
.

Schoolovision 2009, a Eurovisión escolar

10 
Mar 
2010  |  

Título: Schoolovision 2009

Etapa educativa: Terceiro ciclo de Educación Primaria

Materia: Educación artística e Lingua estranxeira

O título deste proxecto xa advirte da súa similitude co Festival de Eurovisión. Michael Purves, profesor do Reino Unido, é o responsable desta xenial idea consistente en reproducir dito Festival en centros de Educación Primaria de Europa, aproveitando a oportunidade que a plataforma eTwinning ofrece para contactar con profesores de 32 países.

Schoolovision

A idea foi moi ben acollida e profesores de 30 centros escolares doutros tantos países  inscribíronse como participantes no concurso-festival, entre eles o CEIP Pablo Ruiz Picasso, de Castela-A Mancha. Michael Purver non só lles convenceu para intervir, tamén levou a cabo todo o labor de coordinación, tarefa nada doada nos prolegómenos se se ten en conta o elevado número de participantes.

Cada socio elixiu a súa canción, grabuna en vídeo e publicouna no blog creado para este traballo. Visionar o seu contido é como facer unha viaxe exprés por Europa: centros escolares, símbolos nacionais, paisaxes e por riba de todo, o espectáculo creado polos alumnos. Con emoción, entrega e espontaneidade actuaron como profesionais. Sinfonía de voces, instrumentos de música (guitarra, frauta, saxofón, teclados, etc.) que acompañan as melodías, coreografías ben executadas, vestiario colorido e deseñado para a ocasión e finalmente, a súa representación no escenario.

E despois de todas as actuacións estelares, aínda lles quedaba outra fase crítica: 20 grupos de chavales reunidos en torno a unha videoconferencia na que cada un fixo públicas as súas votacións como se de auténticos portavoces nacionais se trataran. Podemos imaxinar a ilusión coa que os alumnos de cada centro viviron esta experiencia e o momento no que se anunciou o gañador do concurso: A República Checa. O entusiasta coordinador viaxou  á escola checa e entregou o trofeo ó grupo premiado. Sorpréndete coa súa actuación:


Este trabajo foi recoñecido co Premio Europeo eTwinning 2010 na categoría de uso creativo dos medios informáticos e co primeiro premio do Global Junior Challenge. A súa elevada repercusión nos medios de comunicación locais chegou incluso á retransmisión da videoconferencia na que se decidiu a canción gañadora. Supoñemos que a gratificación que os alumnos tiveron no transcurso do proxecto se viu enriquecida con todo este recoñecemiento conseguido. Disfruta como espectador!

 

Enlaces:

Blog

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar