Inicio / Premios eTwinning 2010 / Coñece toda a actualidade europea en Into news!
.

Coñece toda a actualidade europea en Into news!

11 
Feb 
2010  |  

Título: Into news!

Etapa educativa: Segundo ciclo de ESO

Materia: Interdisciplinar

O xornal dixital “EU-topical” lanzou a súa primeira edición o 1 de outubro de 2008, á que seguiron outras catro. Os responsables da súa elaboración foron os alumnos de 4º de ESO do IES Marina Cebrián, de La Laguna (Tenerife) xunto con estudantes de centros do Reino Unido, Polonia, Alemania e Eslovenia. Os alumnos do centro español, coordinados pola profesora Mª del Carmen Rodríguez, convertéronse así en verdadeiros xornalistas, manexando información e documentación, aportando opinións, lanzando debates, etc. E todo isto co obxectivo de dar a coñecer, mediante os temas tratados en cada edición do xornal, aspectos da cultura de cada país participante.

Into_news_copy

Cine, música, festividades, historia, cultura, política… cales son as semellanzas e diferenzas entre países? E entre centros? A busca de material necesario para averigualo aumentou o interese investigador dos alumnos, que tiveron que comunicarse cos seus compañeiros socios para a posta en común de moitas ideas. E é que cada un dos temas do boletín foi planificado e debatido por todos os participantes no proxecto. Esta tarefa viuse facilitada polo uso constante das TIC: desde as propias ferramentas do TwinSpace ata unha videoconferencia con Flasmeeting, pasando polo uso de chats, wikipages e múltiples recursos para a edición de cada boletín.

Intonews

Sen dúbida o proxecto reflicte unha dimensión europea, que se estendeu a toda a comunidade educativa, ó entorno familiar dos alumnos e a medios de comunicación local. Esta difusión  conseguiuse grazas á páxina web, onde se publicaron os resultados do proxecto. Nela atopamos artigos soltos, actividades, presentacións, fotos, vídeos, etc. Ademais, ofrécense as cinco edicións de “EU-topical”, en formato PDF e presentadas dunha maneira fresca e xuvenil, onde a gran cor e dinamismo das páxinas non está disputada coa calidade da información.

Este proxecto foi un dos gañadores dos Premios Nacionais eTwinning 2010.

Enlaces:

Web do proxecto

Web del IES Marina Cebrián

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar