Inicio / Premios eTwinning 2010 / LED – Learning and Teaching Furniture Design in Europe, unha moderna colección de mobles
.

LED – Learning and Teaching Furniture Design in Europe, unha moderna colección de mobles

03 
Mar 
2010  |  

Título: LED – Learning and Teaching Furniture Design in Europe

Etapa educativa:  Formación Profesional

Materia: Economía, Informática TIC, Linguas estranxeiras, Arte, Deseño e Tecnoloxía, Estudos europeos.

O proxecto LED: Learning and Teaching Furniture Design in Europe (Aprender e enseñar deseño de mobiliario en Europa)  forma parte dunha asociación escolar Comenius entre as escolas Marcel-Breuer-Schule Berlin (Alemania), Stredná odborná škola drevárska (Eslovaquia), Kaesz Gyula Faipari Szakközépiskola és Szakiskola (Hungría) e un colaborador especial de Turquía.

Os alumnos traballaron seguindo unha liña do tempo común cuxo punto de partida foi un percorrido pola historia do deseño do moble nos países participantes. A análise e a aplicación da máxima “a forma segue á función e ésta require unha estrutura”, a presentación dos seus bocetos levou a unha rica, colorista  e moderna colección de traballos:  mobles ergonómicos e decorativos, cadros, esculturas, relieves, pinturas,  etc.

led_1

Este irmandamento enriqueceu os traballos con ingredientes moi sabrosos: traballo en colaboración, comunicación fluída entre os socios, programa social mixto, visitas e disfrute in situ de deseños característicos das  rexións participantes, nos que poideron captar, analizar  e  comparar os elementos propios de cada unha para unha comprensión europea do deseño e a cultura.

led_5

As tecnoloxías da información e a comunicación foron ferramentas   de almacenaxe de información, de comunicación (skype, correo electrónico, vídeocartas), de aprendizaxe en entornos virtuais,  de avaliación e publicación.

led_3

A divulgación do proxecto na prensa alemana, eslovaca e turca favoreceu a concesión de diversos premios e recoñecementos entre os que se contan os Selos de Calidade de Alemania, Eslovaquia, o Selo Europeo de Calidade e, finalmente, o Premio Europeo eTwinning 2010 na categoría de idade de 16 a 19 anos.

Despois de velo, terás moitas máis ideas para os teus futuros proxectos.

Enlaces:

TwinSpace

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar