Inicio / Premios eTwinning 2010 / Double-e: e-magazine on European issues, a revista dixital máis europea
.

Double-e: e-magazine on European issues, a revista dixital máis europea

23 
Feb 
2010  |  

Título: Double-e: e-magazine on European issues

Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Materia: Interdisciplinar

O proxecto realizado polos alumnos do IES Aguas Vivas (Guadalajara) -coordinados pola profesora Helena Fernández- e polos seus socios rumanos e daneses é un reflexo dun auténtico traballo colaborativo e dun útil e interesante uso das TIC. Con él promóvese o coñecemento doutras culturas e foméntase a creación dunha conciencia europea.

Double-e

E é que, ó durar o proxecto tres anos académicos, o traballo dividiuse en varias etapas, sempre co  obxectivo final da elaboración dunha revista dixital sobre asuntos europeos.

Ó longo de todo o proceso, o uso das TIC foi indispensable. Os estudantes, distribuídos en cinco grupos, utilizaron Webquests para buscar e investigar unha serie de temas transversais, que logo contrastaron, debatiron e puxeron en común na plataforma do TwinSpace. Con toda a información recompilada, os estudantes convertíronse en periodistas e empregando o xestor de contidos Joomla!, crearon a revista Double-e, da que se publicaron varias edicións. Nela, temas como a inmigración, hábitos alimenticios saludables, reciclaxe e aforro de enerxía, consumo, protección dos animais, etc., son tratados a través de artigos, eventos, fotos, vídeos, entrevistas a diversas personalidades e pasatempos. Nalgúns casos, os propios alumnos gravan vídeos amosando e exemplificando os distintos temas. Un exemplo disto é o dunha campaña que promove a importancia da alimentación saludable entre os mozos:

Neste outro vídeo reflexiónase, de forma moi creativa, sobre os efectos negativos que a domesticación de plantas e animais ten sobre o medio ambiente:

Outra actividade a resaltar é “The Big Quiz”, un cuestionario dos distintos contidos, presente en cada edición da revista.

A difusión do proxecto, que comeza coa propia revista en formato dixital, vese ampliada coa súa distribución impresa entre os CEPs da rexión e os IES da provincia. Ademais, a exposición do proxecto en diversas xornadas e seminarios acerca das TIC na educación e a publicación dun artigo nunha revista provincial, dan mostra do excelente traballo dos tres centros, de profesores e de alumnos. Isto confírmano os premios que se lle concederon ó proxecto nas convocatorias de “Made for Europe” e “European Charlemagne Youth Prize”. Pola súa parte, a experiencia froito deste proxecto foi seleccionada como modelo dun “Estudo de prácticas educativas innovadoras a través do uso das tecnoloxías da información e a comunicación”.

Enlaces:

Revista dixital

Webquest

TwinSpace público (Plataforma TwinSpace antiga)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar