Inicio / Premios eTwinning 2010 / Searching Twelve Labors to Hercules, un exemplo creativo de ensino interdisciplinar
.

Searching Twelve Labors to Hercules, un exemplo creativo de ensino interdisciplinar

23 
Feb 
2010  |  

Título: Searching Twelve Labors to Hercules.

Etapa educativa: Secundaria postobrigatoria

Materia: Arte, Latín, Grego, Historia, Informática / Tecnoloxía.

Resulta unha delicia percorrer a tarefa que os alumnos do IES Vegas Baixas de Extremadura xunto cos do Instituto Magistrale Statale G. Lombardo Radice (Italia) e os do, también italiano, Liceo Ginnasio Statale Q. Orazio Flacco levaron a cabo en torno ós traballos do heroe clásico Hércules.  Nesta exhaustiva busca do mesmo polos rincóns de todas as disciplinas do coñecemento, localizaron referencias en representacións artísticas e pictóricas (Zurbarán, Durero), no cine francés e italiano (Le fatiche di Ercole), no medioambiente (Sequoia en Canadá) nos debuxos animados (Asterix), na televisión, a xeografía (Los Pilares de Hércules), a arquitectura (Templo de Hércules en Agrigento), a ópera de Haendel, a música de Elton John, a literatura de Agatha Christie, a filatelia,  os deportes e noutros tantos exemplos.

searching_twelve_labours_hercules

Despois de todos estes hachádegos, os socios despregaron toda a  sús artillería creativa e de forma colaborativa entrelazaron texto, imaxes, fotografías, vídeos, cómics, selos, debuxos, enlaces electrónicos, ademais de empregar para todo isto unha webquest, un wiki, un blog e o TwinSpace co fin de conformar unha unidade didáctica novidosa e moi completa.

Os alumnos, ó contrario que Hércules, tiveron unha actitude ofensiva ante o proxecto e atacaron ó mesmísimo heroe, poñendo a proba a súa forza e a súa destreza para resolver os problemas que axexan o seu entorno: como resolver a crise económica, a falla de aparcamento en Montijo, a acumulación de lixo na rúa ou a reforestación despois dun incendio? Hércules, fiel a súa lenda, ofreceu solucións.

 

Embed Embed this video on your site


E non só puxeron empeño na busca do heroe grego, tamén organizaron os documentos e materiais resultantes de forma clara, visual e accesible con sumo cuidado. Todos estes elementos fan de Searching Twelve Labors to Hercules un proxecto orixinal, ameno e moi atractivo que no deberías deixar de ver e disfrutar.

Con relación á ampla produción de materiais cabe destacar o inxente uso de ferramentas TIC, entre as que se contan Scribd, Ivoox, Wikipedia, Slideshare, Google Maps, Bubbl, Pikistrips, Dipity, e-enquisa, xtimeline, Youtube, Flickr, Pixton, Comiqs, Mypodcast, Issuu, etc. Un bo exemplo de cómo as tecnoloxías poden integrarse no currículo de calquera materia e que foi recoñecido cun Premio Nacional eTwinning 2010.

Enlaces:

TwinSpace

Webquest

Blog

Wiki

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar