Inicio / Premios eTwinning 2010 / Conservando o planeta a partir de 50 easy things you can do to save the Earth
.

Conservando o planeta a partir de 50 easy things you can do to save the Earth

19 
Xan 
2010  |  

Título: 50 easy things you can do to save the Earth

Etapa educativa: Segundo ciclo de ESO

Materia: Física e Química / Bioloxía e Xeoloxía

Baixo este título tan estimulante e universal, encérrase un excelente proxecto no que alumnos de 15 a 16 anos do centro catalán IES Sòl-de-Riu, coordinados polos profesores Florenci Sales e Remei Ibáñez, comparten cos alumnos búlgaros e alemanes a experiencia de reflexionar sobre os problemas medioambientais e a súa repercusión negativa na calidade de vida da poboación presente e futura.

50easythings


Find more videos like this on eTwinning 50et

A través do estudo de temas como as enerxías renovables, o quecemento global ou os alimentos modificados xenéticamente entre outros, os alumnos dos tres centros tomaron conciencia da situación e logo propuxeron pequenas solucións prácticas. O proxecto parte do libro 50 cosas fáciles que podes facer para salvar a Terra de John, Sophie e Jesse Javn, un pequeno manual de suxerencias para todos aqueles que queren contribuír persoalmente á conservación do planeta e non saben cómo empezar. A partir del os alumnos organízanse e planifican diversas actividades de investigación e acción.

O traballo de planificación e organización realizado polos profesores faise patente no TwinSpace e tamén en diversas ferramentas TIC. 50 easy things you can do to save the Earth optou pola utilización dunha comunidade Ning, concebida como o centro de comunicacións do proxecto, unha Web Magazine, na que se publicaron informes sobre os “eco-temas” desenvoltos e un sistema de videoconferencias co que que os alumnos votaron e designaron ó gañador dun concurso de logotipos relacionados co medio ambiente.


Find more videos like this on eTwinning 50et

Este vídeo é un bo exemplo de actividade colaborativa. Vai máis alá do traballo en paralelo no que se incorre moitas veces e amosa o resultado de traballar cooperativamente en grupos mixtos (de distintas nacionalidades) para obter un produto final a varias mans. Optouse pola elaboración de vídeos con intervencións conxuntas dos tres centros, nos que os alumnos se convirten en actores e protagonistas dos diversos “eco-temas” tratados e polo tanto da súa propia aprendizaxe.

Sen dúbida as TIC resultaron fundamentais neste proxecto. E é que estiveron presentes desde a planificación e elaboración das actividades ata o proceso final de difusión dos resultados. En definitiva, sacouselle o máximo partido ó uso das ferramentas, ó traballo en colaboración e á implicación dos alumnos nun tema global e importante. Por todo isto o proxecto obtivo un merecido Premio Nacional eTwinning 2010.

Enlaces:

Web Magazine

Comunidad Ning

Twinspace público (plataforma Twinspace antiga)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar