Inicio / Premios eTwinning 2010 / Con Like a bird visita o patrimonio cultural europeo
.

Con Like a bird visita o patrimonio cultural europeo

17 
Mar 
2010  |  

Título: Like a bird
Etapa educativa: Terceiro ciclo de Educación Primaria e primero ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria
Materia: Interdisciplinar


Co obxectivo inicial de potenciar nos alumnos o sentimiento de formar parte dun grupo moito máis amplo que a  súa escola ou incluso o seu país, as socias Cristina Grau (España) e Celina Miszdzyk (Polonia) propuxeron a  súa idea  para este proxecto. Nel participaron 11 escolas de 7 países diferentes, entre elas dúas españolas, o Centro de Educación Infantil e Primaria Ramon Macip - Dolors Granés e o Instituto de Educación Secundaria Eduard Fontseré. Esta colaboración reflexa tamén a intención de integrar nun mesmo proxecto dúas etapas educativas frecuentemente moi distantes, a Educación Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria.

like_bird

O traballo xirou en torno a unha actividade coa que os alumnos lograron coñecer gran parte do patrimonio cultural europeo e na que a colaboración foi un aspecto imprescindible, que queda patente nos produtos finais: presentacións de monumentos dos diversos países participantes compostas por imaxes aportadas por un centro, información recollida por outro e maquetas elaboradas por un terceiro. É de merecido recoñecemento a creatividade dos alumnos nesta elaboración, máis aínda se temos en conta que foron eles mesmos os que decidiron que empregar e cómo facelo, adoptando o profesor un papel de mediador.

Paralelamente leváronse a cabo outras actividades,  como o estudo de diferentes elementos (tempo, distancia, carburante, etc.) sobre unha viaxe ficticia polas cidades europeas representadas neste traballo; contidos que dotaron ó proxecto dun carácter interdisciplinar.

A implicación de diversas TIC foi fundamental en todo o proceso e imprescindible para a comunicación dos participantes e a publicación dos resultados. Para isto non só se aproveitaron as ferramentas do TwinSpace, tamén se recurriu a Skype, blogs, moodles, etc. Así, a calidade do traballo e a súa axeitada exhibición despertaron o interese de pais, profesores e alumnos, traspasando incluso as barreiras dos centros.

Embed Embed this video on your site


Like a bird parte de una excelente planificación, continúa con un desarrollo perfectamente organizado y concluye con una visita en la que los alumnos de los dos centros españoles se han conocido personalmente y han disfrutado de diversas experiencias. Ahora gracias al Premio Nacional eTwinning 2010 podrán viajar para encontrarse con uno de sus socios europeos. 


Enlaces:

Blog del centro

Moodle

Web del centro

TwinSpace público (plataforma TwinSpace Antigua)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar