Inicio / Premios eTwinning 2010 / Atraentes actividades infantís en Colours of life: common story written by children
.

Atraentes actividades infantís en Colours of life: common story written by children

23 
Feb 
2010  |  

Título: Colours of life: common story written by children

Etapa educativa: Segundo ciclo de Educación Infantil

 Materia: Interdisciplinar

 Este proxecto, no que inicialmente se implicaron escolas de Educación Infantil de varios países, entre eles España, desenvolveuse principalmente por un centro de Polonia e outro de Malta. O seu obxectivo é desenvolver o currículo desta etapa a partir da cor como elemento común. Verdes, marróns, alaranxados, vermellos, brancos, amarelos,… aparecen no medio ambiente,  as estacións do ano, a alimentación, o xogo, a arte, etc.

Colours_of__life


Visualizar os obxectos elaborados polos nenos é trasladarse a un taller artesán infantil no que os artistas disfrutan transformando e modelando todo tipo de materiais: cartolinas, plastilina, froitas, comida, follas secas, disfraces, medias, música, postais, pinturas, froitas,  etc. O resultado son produtos moi creativos e cun atractivo visual destacable que motivaron enormemente aos máis pequenos. A isto uniuse o envío de postais que, aínda que se trata dunha actividade máis común  nesta etapa, provoca sempre un grande entusiasmo nos nenos.


A idade dos alumnos non supuxo inconveniente para un uso variado de  ferramentas TIC: video, voki, powerpoint, google earth, elluminate, etc. Grazas a elas os alumnos dos distintos centros non só intercambiaron e amosaron os traballos feitos en cada un deles, senón que puideron comunicarse directamente a través da videoconferencia e realizar actividades verdadeiramente colaborativas: coa ferramenta Sketchfu crearon unha historia a partir de debuxos nos que cada alumno, indistintamente do centro e país ó que pertence, aportou as súas ideas. Podes vela a continuación:

 

Embed Embed this video on your site



Unha coidada planificación do traballo, un wiki organizado en bloques temáticos e a simbiose que houbo entre as coordinadoras do proxecto fan deste traballo un manual de uso na aula de Educación Infantil, premiado na categoría de 4 a 12 anos dos Premios Europeos eTwinning 2010.

Enlaces:

TwinSpace público (plataforma TwinSpace antiga)

Wiki


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar