Inicio / Ideas / Perlas / Non o escribas... cóntamo!
.

Non o escribas... cóntamo!

12 
Xul 
2010  |  

perla_HelloNo proxecto “Hello! I’m looking for a friend!” dos alumnos do Primeiro ciclo de Primaria do CEIP San Juan Bautista (Madrid)  chamounos a atención unha actividade que pode ser reutilizada e adaptada en moitos proxectos  escolares formulados para o estudo dunha lingua extranxeira.

A profesora Mar Bermejo preparou cos seus alumnos unha actividade para que os seus socios europeos os coñezan un pouco mellor. Cada neno debuxou o seu autorretrato con Paint e grabado unha locución presentándose. A profesora insertou cada audio no debuxo correspondente compoñendo unha bonita galería.



 

Aínda que o uso de ferramentas TIC nos poida parecer complexo, moitas delas permítennos, cun mínimo grao de dificultade, traballar  distintas competencias dos alumnos. Neste caso, esta sinxela combinación de debuxo e audio axúdanos a desenvolver  as competencias orais dos nosos alumnos. Non é doado para moitos deles falar en público, e este tipo de ferramentas pode axudar ós máis tímidos, a quen lle costa falar en clase. Ofrece a posibilidade dunha avaliación rigorosa nesta destreza e favorece a autoavaliación e a autoaprendizaxe. Pódese traballar con ferramentas e actividades de maior ou menor complexidade, de acordo co nivel educativo, e en Hello! I’m looking for a friend! vemos un bo exemplo diso: un sinxelo plantexamento que da moito xogo.

Esperamos que vos sirva de inspiración. Se estades interesados nestas ferramentas para desenvolvemento das destrezas orais, e buscades máis información no portal educativo Educ@conTIC podedes atopar unha boa recompilación: Herramientas para las destrezas orales.

Para subir presentacións con audio a Internet podes usar varias plataformas gratuítas, por exemplo, para aloxar a deste artigo usamos authorSTREAM.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar