Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Xogos divertidos en Getting closer
.

Xogos divertidos en Getting closer

05 
Xul 
2010  |  

annette_mesTítulo: Getting closer

Etapa educativa: Educación Primaria

Materia: Interdisciplinar

A distancia que  separa ós alumnos do C.E.I.P. La Rosa- Camino Viejo (El Paso, Canarias) e os do Centro Ohkolan koulu (Sari Auramo, Finlandia) é moi  grande, así que decidiron xuntarse nunha cidade europea intermedia situada na liña imaxinaria que une as dúas poboacións de orixe. E como calquera viaxe que se planea, hai que conseguir financiación e prever todo o necesario.

As coordinadoras deste proxecto-periplo organizaron ós alumnos en grupos de nacionalidade mixta hispano-finesa e propuxéronlles unha competición cuxo obxectivo é o encontro de todos os socios europeos membros do mesmo equipo.  O gañador é o equipo que primeiro se reúne. Para isto, e despois de ter acordado o medio de transporte a utilizar,  estudantes de cada país percorreron unha parte do traxecto que lles separa.

annette_mes_3

Como adoita ocorrer nas viaxes de aventuras, estas están cheas de vicisitudes e resolvéronas superando probas de moita dificultade que quedaron arquivadas no caderno de bitácora: buscaron a ruta máis axeitada, utilizaron un sistema de coordenadas, localizando puntos nun mapa,  exploraron as cidades polas que pasaron, estiveron atentos á meteoroloxía, tiveron que conseguir as   moedas de curso legal... Cada proba superada e segundo a súa dificultade xerou crédito para comprar o combustible necesario para a seguinte etapa da viaxe.

A pesares de que o traxecto foi longo e durou un curso, os grupos mantivéronse compactos durante toda a travesía e colaboraron de forma eficaz. Coa axuda das ferramentas de comunicación (chat, email, vídeo conferencia...) estiveron ó tanto das necesidades e a evolución de cada etapa; instrumentos de observación permitíronlles captar imaxes de recoñecemento aéreo e singularidades dos lugares xeográficos; dispositivos de grabación  serviron para almacenar a información máis relevante e comprometida.

Finalmente, houbo noticias da chegada dos gañadores; os compañeiros buscáronse  e recoñecéronse,  camiñaban uns cara outros..., para estar o máis cerca posible, para tocarse, pero...quen puxo esta pantalla no medio?  Continúa

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar