Dipity, aprender nun contexto temporal

Dipity, é unha ferramenta web destinada a crear liñas de tempo online. Permite seleccionar a información máis relevante sobre un tema e organizala en orde cronolóxica.
Dipity é multimedia e interactiva: permite integrar, audio, vídeo, imaxes, textos, enlaces, localizacións en mapas e marcas de tempo. Dependendo do nivel de visibilidade e edición que elixas para elas e se permites ou non comentarios ós eventos, as liñas de tempo poden servir como foro onde os usuarios xeren, analicen e compartan contidos.
Os eventos engádense de maneira manual ou importándoos tras unha busca na web desde a propia Dipity. Podes buscalos en Twitter, Flickr, YouTube e GoogleNews; ilustralos con imaxes procedentes de Flickr e Picasa; proporcionarlles máis dinamismo con vídeos de YouTube e Vimeo ou con música de Last.fm ePandora (en España non están dispoñibles); insertar blogs desde Blogger, WordPress e Tumblr, mensaxear con Twitter e Friendfeed e integrar Yelp, Digg, Delicious, ou algún feed RSS. Finalmente, o código HTML resultante ó crear a liña de tempo, permite incrustala en calquera páxina web.
As liñas de tempo creadas por Dipity poden configurarse en varias vistas, de maneira que podes velas en modo liña de tempo, libro con imaxes, lista ou mapa.
Por todas estas características, a súa fácil de usar e atractiva interface e o seu potencial como ferramenta de colaboración, Dipity pode ser perfectamente empregada no traballo da aula, en múltiples disciplinas e niveis educativos. Con ela os alumnos comproban como os acontecementos que ordenan e organizan, se suceden dun xeito dinámico, poñendo os seus coñecementos nun contexto temporal.
Varios proxectos eTwinning recurriron a esta ferramenta:
- En Searching Twelve Labors to Hercules, os alumnos empregaron Dipity para documentar as referencias ós doce traballos de Hércules existentes en secuencias de series televisivas, animacións, vídeos musicais, etc. A descrición de cada un dos recursos facilitou a comprensión deste labor de investigación e recompilación.
- Para explicar os eventos máis importantes da historia de Madrid desde a súa fundación no século XVII… que mellor que utilizar Dipity! Así o fixeron os alumnos de European cities, past and present, resultando ser unha maneira moi entretida de presentar a cidade ós seus socios europeos.
Dipity tamén resulta útil para documentar un proxecto eTwinning, como fan en ICT4U. Neste caso serviu tanto para presentar a planificación das actividades a realizar como para amosar cronolóxicamente os materiais producidos, o que dá unha idea da posta en marcha e desenvolvemento do proxecto. Deste xeito a ferramenta serve para a avaliación e seguimento do proxecto, presentando ordenadamente os seus resultados, comprobando se se produciron os materiais previstos e se alcanzaron os obxectivos expostos.
Dipity é útil sempre que sexa necesaria unha contextualización temporal de datos: Planificacións, seguimento de actividades, avaliacións... etc. Ou unha aprendizaxe en contexto temporal (acontecementos históricos).
Cunha atractiva visualización dos contidos e a conexión con múltiples ferramentas TIC online, Dipity potencia o traballo colaborativo e ben planificado. Se queres saber máis da utilización de Dipity como recurso didáctico, non deixes de consultar este artigo do Observatorio Tecnolóxico do ITE e este titorial de Francisco Javier López Iglesias.
Artigos relacionados
Máis ferramentas TIC
- Uso de mapas mentales para estructurar la información
- Dale la vuelta a tu clase con eTwinning
- Uso responsable de recursos de Internet
- Comunidades de aprendizaxe: eTwinning
- Programación na aula con eTwinning
- Inxenio e Talento eTwinning: Presentacións con Emaze
- Ingenio y Talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas en proyecto eTwinning
- La importancia del aprendizaje visual: infografías en el aula
- Inxenio e Talento eTwinning: usar Pinterest nun proxecto eTwinning
- Inxenio e talento eTwinning: presentacións ferramentas 2.0 Conferencia Lisboa 2013