GRESCY

27 
Maio 
2015  |  
 

 

Grescy (Great agenCY rEScue animals endangered) é un proxecto eTwinning-Comenius no que participa o CEIP Giner de los Ríos (Mérida) en colaboración con centros socios de Chipre e Grecia.

 

 

 

 

Basease nun proxecto eTwinning anterior, Zootopia,  no que os protagonistas son 12 animais en perigo de extinción. Neste novo proxecto,  estes animais tómanse vacacións en diferentes cidades de Europa e acaban perdidos. A misión dos alumnos é poñer en marcha o seu rescate a través da axencia GRESCY.

Trátase dunha proposta de traballo atractiva que impulsou a creatividade e a participación activa  dos alumnos a través dunha variada oferta de actividades (debuxos, posters, cuestionarios, relatos colaborativos, recetarios, calendario, etc.) A lingua vehicular de comunicación foi o inglés. As  ferramentas de xestión e comunicación do TwinSpace usáronse xunto con outras  aplicacións e ferramentas da web 2.0 como Slideshare, Animoto, Youtube, Skype, Cincopa,  Microsoft Autocollage,  Moviemaker,  Survey Monkey y Youblisher.

O proxecto está plenamente integrado nas materias curriculares de Primaria, especialmente, Lingua Estranxeira, Ciencias Naturais e  Educación Plástica. Valoramos positivamente a metodoloxía de traballo  que integra de forma eficiente as competencias básicas.  Falamos ademais dunha dinámica de traballo participativa e orientada á acción na que destacamos unha constante interacción cos socios, bo traballo de equipo e  un reparto equitativo de tarefas.

Subliñamos dous aspectos  destacables do proxecto, por un lado, a inclusión de linguaxe de signos para fomentar a integración e participación de alumnos con necesidades educativas especiais. Por outro, ter sabido concienciar ós alumnos sobre a conservación das especies en vías de extinción. Os alumnos elaboraron un calendario común que puxeron á venta no centro e cos beneficios obtidos adoptaron de forma simbólica un burro nun centro de protección animal cercano ó centro

Desde o SNA felicitamos ó CEIP Giner de los Ríos por apostar por unha metodoloxía de traballo en colaboración  na que se combinan de forma eficiente as competencias básicas e que axuda a remover conciencias entre o alumnado participante.  Animámosvos a continuar esta fructífera liña de traballo en eTwinning

alumnos grescy mascaras

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Fonte das imaxes: TwinSpace do proyecto GRESCY

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar