The hole puncher: aprendizaxe e práctica en FP
Título: The hole puncher: a mechanical international project
Etapa educativa: Formación Profesional - Ciclo de Grado Superior en Programación de la producción en fabricación mecánica
Alumnos de centros de Formación Profesional de diferentes países europeos con ganas de aprender e traballar en colaboración. Un grupo de docentes ansiosos por innovar e utilizar as TIC. A combinación perfecta para poñer en marcha un proxecto eTwinning e conseguir por isto un Premio Nacional na edición de 2012.
En efecto, alumnos e profesores do Ciclo Formativo de Grao Superior de Fabricación Mecánica de tres centros en España, Italia e Alemania foron os protagonistas de The Hole Puncher: a mechanical international project. No CIP Virgen del Camino (Pamplona, Navarra) foron os alumnos do primeiro curso de Programación da produción en Fabricación Mecánica os implicados no proxecto, baixo a coordinación do seu profesor Javier Muñoz Nieva.
Os profesores da especialidade de Fabricación Mecánica dos tres centros tiñan moi claro cara onde orientar o seu proxecto desde que entraron en contacto a través de eTwinning. En palabras de Javier Muñoz “tratábase de deseñar e construír un dispositivo mecánico entre os tres Centros de FP. Podía ser calquera conxunto mecánico non especialmente complicado, que se adaptara á idea inicial do proxecto, co que acordamos a fabricación dunha Perforadora de Papel (Hole Puncher) a partir dunha suxerencia do socio alemán”.
E en torno á construción da taladradora de papel ían xirar moitas das actividades que os alumnos de 17 a 20 anos dos tres centros desempeñarían ó longo do curso escolar 2010/2011. Un proceso de traballo que implicou non só o deseño, estudo técnico, programación e posterior mecanizado de cada unha das pezas do conxunto mecánico, senón tamén a comunicación e intercambio de información, experiencias e técnicas entre os alumnos dos tres centros socios.
O proxecto brilla por moitos aspectos. Un deles é a súa excelente integración curricular. No centro español, a programación do proxecto foi incluída en catro módulos que tiñan que cursar os alumnos (Interpretación Gráfica, Definición de Procesos, Execución de Procesos e Inglés) e contouse coa participación doutros membros da comunidade educativa para a realización das actividades de presentación. Ademais, a estreita colaboración entre os profesores dos distintos centros deu lugar a unhas actividades ben delimitadas e un plan de traballo definido, detallándose incluso as ferramentas e o idioma a utilizar en cada unha delas . Esta coordinación foi clave para cumprir cos prazos establecidos e establecer todos os aspectos técnicos relacionados co conxunto mecánico a fabricar: sistema de unidades, normas de debuxo, sistemas de tolerancias de fabricación, compatibilidade de ficheiros de debuxo, normalización de roscas, resortes, parafusos, etc.
Unha vez establecidas as bases organizativas de proxecto, fixados os obxectivos e previsto o conxunto mecánico final só faltaba poñerse mans á obra… ¡e nunca mellor dito! Unha vez explicado o proxecto ós alumnos e tendo sido dados de alta no TwinSpace, levouse a cabo a primeira tarefa ó inicio do curso, a que sentaría as bases da futura colaboración entre todos os participantes: a presentación de alumnos, centros, cidades e países por medio de actividades publicadas no TwinSpace. Tras esta primeira toma de contacto, os alumnos de cada centro comezaron a deseñar tres pezas distintas da taladradora facendo uso dun programa de 3D, “co fin de fabricar un prototipo inicial, que lles serviría para detectar erros e poder corrixilos na posterior fabricación en serie do produto”.
Javier cóntanos que “durante o último trimestre do curso, comezamos coa fabricación en serie dos conxuntos, co mesmo criterio de reparto de pezas na fabricación que o acordado para o prototipo: en cada instituto fabricarían as pezas necesarias para obter 6 Hole Punchers, para o que tamén foi necesario o envío de pezas dunha cidade a outra”.
Por tanto tras o mecanizado, procedeuse ó intercambio de pezas por transporte ordinario internacional entre os tres países, para que os alumnos de cada centro puideran ensamblalas. O resultado foi seis conxuntos mecánicos, seis taladradoras de papel, cada unha delas formada por pezas estudadas técnicamente, deseñadas e fabricadas por alumnos dos 3 países participantes no proxecto. Ante este proceso de traballo ¿cabe algunha dúbida do carácter colaborativo do proxecto? A este respecto Javier afirma que “regularmente entre os tres institutos intercambiámonos ficheiros de debuxo en formatos compatibles e fomos modificando algunhas partes do deseño inicial e tamén acordamos aspectos relativos a: tolerancias de fabricación, normas a aplicar, lista de materiais a utilizar na fabricación, programas de CNC, etc.”, mediante o TwinSpace, o correo electrónico e a ferramenta Skype, coa que realizaron varias videoconferencias.
“Coincidindo co final do proxecto, a primeira semana de xuño de 2011, e a proposta do socio alemán, organizamos unha reunión no instituto de Weissenburg (Alemania), ó que acudimos unha representación de profesores e alumnos de cada instituto e fixemos actividades docentes conxuntas, que nos serviron para coñecer o día a día das súas clases, o seu sistema educativo, para preparar futuros proxectos de colaboración e para coñecer esta pequena cidade de Baviera” comenta Javier.
Grazas á produción de documentos finais sobre o desenvolvemento completo do proxecto, tales como un resumo informativo, imaxes e vídeos sobre o proxecto en cada país e unha avaliación final, puidemos coñecer o proceso de traballo que tivo como resultado seis taladradoras de papel como produto tanxible e innumerables beneficios intanxibles. O aumento da motivación en profesorado e alumnado, que se sentían parte dun equipo europeo, e a mellora do nivel de inglés dos alumnos, ó ser o idioma elixido para a comunicación, entre outros.
Javier afirma que “aumentou o grao de satisfacción, o feito de dispor dos conxuntos montados en cada un dos institutos, sabendo que se trataba de conxuntos internacionais fabricados por alumnos da mesma especialidade pero de distintos países. Tamén foi gratificante e ben valorada, tanto por alumnos, pais e profesores a viaxe que fixemos a Alemania cunha representación dos alumnos participantes no proxecto na que, ademais de coñecer o funcionamento da FP alí, puidemos fixar a nosa relación de cara a futuros proxectos en común”.
Pero… deixemos que sexan os propios alumnos os que nos dean a súa opinión. Un deles, Carlos Martínez recoñece que “pronto o proxecto comezou a coller forma, un proxecto moi interesante desde o punto de vista do alumnado xa que ningún pensaba ó iniciar primeiro de formación profesional, que faríamos unha cousa así. Vernos con alemanes e italianos vía Webcam, empregar eTwinning como foro, poder falar entre nós, coñecer os nosos gustos, e coñecer a rexión na que viven os nosos compañeiros estranxeiros a través de exposicións Powerpoint". Pola súa parte Darío Prados resalta “a colaboración de alumnos e profesores que nos serviu para promover a relación entre os participantes deste proxecto e aprendemos a valorar a importancia do traballo en equipo. Foron uns días moi intensos nos que coñecemos outra cultura, a alemana, outra forma de traballar no instituto alemán, visitamos os seus talleres, unha das súas fábricas e compartimos con eles desde clases lectivas a outro tipo de actividades. O que nos serviu para comprobar que fixeramos un bo traballo en conxunto, colaborando entre todos e que sempre hai que aprender cousas doutras culturas e por suposto tamén podemos ofrecer a nosa”. Outro alumno opina que “todos os que participamos nos quedamos satisfeitos, e máis tendo viaxado a Alemania para completar o proxecto”.
Definitivamente un proxecto de marcado carácter colaborativo que promoveu a relación entre estudantes de mecánica e suscitou o intercambio de experiencias entre profesores de diferentes países dunha maneira moi innovadora… ¡moi eTwinning! No deixes de ver esta presentación do proxecto que foi exposta na entrega de Premios Nacionais eTwinning 2012:
Embed Embed this video on your site
Entra no TwinSpace do proxecto e accede desde alí ós materiais que, en forma de video, amosan todo o proceso de traballo:
Enlaces:
Premios eTwinning 2012
- Carpe Nuntium: voilà nuestra "FrItalianza" y aprende español
- Explota Internet pero "En la red, que no te pesquen"
- El agua es protagonista en Waterpedia - The elixir of life
- The hole puncher: aprendizaxe e práctica en FP
- Family Lab, ensinar e aprender valores
- Atopámonos no camiño
- Conferencia Anual eTwinning 2012: entrega de premios europeos
- Entrega de Premios nacionales eTwinning 2012
- Emisión en directo: Premios nacionales y Conferencia Anual eTwinning 2012
- A Taste of Maths (ATOM), ¿ A quen lle amarga un doce?
- El desafío de la lectura. Europe:Reading is also the future
- Estudo, práctica e ensino das TIC con ICT4U
- GOAL! Go outside and learn, matemáticas reais
- Creatividade itinerante en 'Art on the Move'
- Ganadores de los Premios Nacionales eTwinning 2012