Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Explora o mundo con Google Earth e Google Maps
.

Explora o mundo con Google Earth e Google Maps

19 
Xan 
2011  |  

google_earth Getting CloserGoogle Maps ofrece imaxes de mapas desprazables e rutas entre distintos puntos. Permite ó usuario introducir unha dirección, unha intersección ou unha área en xeral para buscar e obter instrucións para chegar a un lugar.  Na súa faceta máis colaborativa permite navegar libremente por calquera lugar da Terra e  pegar sobre el diversos tipos de información  (topográfica, demográfica, histórica e cultural, entre outras) mediante textos e imaxes.

A todo isto, o complemento Google Earth engádelle a posibilidade de visualizar imaxes 3D, de satélite, ou do relieve, seguimentos GPS ou incluso explorar os océanos.

Facendo uso destas ferramentas os alumnos contextualizan distintos tipos de coñecemento, ó mesmo tempo que fan uso dunha ferramenta visual e de fácil uso, que ademais favorece o traballo colaborativo. Mostra disto é a utilización que en diversos proxectos eTwinning se fixo delas:

gimkana matemática

  • En European Cities: past and present os alumnos españois participantes no proxecto ensínanlle ós seus socios cómo chegar a Madrid a través de Google Earth.

  • Tamén en 4 countries, 4 maths atopamos unha actividade - Green areas in our cities- na que, con axuda de Google Maps, os alumnos calcularon a superficie  das zonas verdes da súa cidade.

  • Os alumnos do proxectoThe diary of Syrius' travels empregaron Google Earth para axudar a eiruga Syrius, que viaxa por toda Europa co seu GPS, a atopar as coordenadas y localizar aquellos lugares que no ha visitado aún.

  • En  Getting Closer os alumnos -españois e finlandeses- constituídos en grupos de nacionalidade mixta, debían atoparse cos membros do seu mesmo equipo, a través de distintas rutas desde a súa cidade de orixe ata a do socio.  Cada ruta, trazada en Google Earth, constaba de 30 lugares ós que se iba accedendo a medida que se gañaban puntos en xogos levados a cabo con este fin. E polo camino, os nenos iban escribindo un caderno de viaxe.

  • Na actividade Problema do viaxeiro do proxecto Maths and Earth os alumnos investigaron a ruta máis corta para que un viaxeiro ficticio chegue a un lugar, calculando os puntos e as distancias.

 

Estes e outros exemplos dan mostra de que estas ferramentas, concebidas inicialmente como sistemas de información xeográfica, poden ser perfectamente aplicables no ensino de  Xeografía, Historia, Matemáticas, Lingua, etc. Unha boa maneira de motivar ós alumnos e facilitar a contextualización e visualización de contidos.

 

Podes ver máis ideas para aplicar a ferramenta na aula na presentación15 Interesting Ways* to use Google Maps in the Classroom. Non deixes de botarlle un vistazo ós titoriais de Google Maps e Google Earth.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar