Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Zunal, a raíña das Webquests
.

Zunal, a raíña das Webquests

06 
Maio 
2011  |  

menu_webquestAplicable a calquer nivel educativo e materia, a Webquest constitúe unha auténtica guía destinada a organizar e orientar o traballo do alumnado e profesorado. Dá a posibilidade de suxerir e formular un traballo ben estruturado, claro e creativo, con tarefas destinadas a mellorar as competencias do alumnado para o manexo, síntese, avaliación, clasificación e organización da información.

As actividades incluídas nelas poden formularse a curto prazo (non máis de tres ou catro clases, para o que tamén podería recurrirse ás Miniquests) ou a longo prazo (unha semana, un mes ou máis).

zunal_copy

As Webquest ten unha estrutura fixa: A introdución debe proporcionar ó alumnado  dunha maneira clara e motivadora as pautas e orientacións da tarefa a realizar. Ésta   concíbese como o resultado do traballo realizado na Webquest, que se pode materializar en vídeos, presentacións multimedia, páxinas webs, etc. Pero para levala a cabo, o alumnado ten que seguir os pasos dun proceso, facilitado pola gran cantidade de recursos dixitais seleccionados polo profesorado. A avaliación do traballo por parte do alumnado ten gran trascendencia no modelo da Webquest  e precede á conclusión e reflexión do mesmo.

Podemos atopar exemplos de utilización de Webquests en proxectos eTwinning enAn ET(winning project) between us e en Searching twelve labors to Hercules, empregadas como punto de referencia para que os alumnos viran a idea global do proxecto, e non só unha sucesión de tarefas.

 

Unha Webquest pode crearse de moitas maneiras: mediante unha wiki, un Google Sites, ou programando directamente con HTML. Porén, unha alternativa máis sinxela é xerala mediante un software online e gratuíto como Zunal.

Esta ferramenta permite deseñar unha Webquest con páxinas ilimitadas e deseño atractivo a partir de 100 plantillas dispoñibles. A interactividade e o carácter multimedia proporciónano os arquivos e vídeos que podes adxuntar de Youtube e GoogleVideos, mapas de Google e xogos.  

Zunal posibilita a creación dunha Webquest en forma de proba e a obtención dunha vista previa antes da súa publicación. Podes xestionar a privacidade dos seus contidos, ocultando ou amosando as distintas páxinas que a forman.
Quizais un dos aspectos máis útiles de Zunal é a posibilidade de avaliación do traballo realizado polo alumnado a través das sinaturas, que en forma de plantillas modificables, son concebidas -en termos xerais- para lograr unha mellora nos  procesos de ensino e aprendizaxe. Na actividade Old games in Sicily-Catalonia podemos ver un exemplo disto.

Así que xa sabes, se queres unha boa ferramenta que che permita desenvolver toda a túa creatividade e a dos teus alumnos, bótalle un vistazo ás seguintes referencias sobre as Webquests como recurso didáctico: unha web moi ilustrativa creada polo grupo de traballo Weblinex no C.P.R. Don Benito-Villanueva e un artigodo Observatorio Tecnolóxico do ITE. Se ademais queres profundizar no manexo de Zunal non deixes de visitar o titorial da súa páxina oficial e estes videotutoriais.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar