TARAP

30 
Mar 
2012  |  

logotarapBaixo o acrónimo de TARAP (Take a role and Play) preséntase o proxecto que actualmente desenvolve o profesor Juan F. Peñas Viso do CPEIP San Babil en colaboración cos centros do Reino Unido e Polonia, ademais da participación de dúas docentes chilenas cos seus respectivos alumnos.

 

 

 

 


O proxecto pretende que o alumnado de 8 a 12 participante planifique e escenifique pequenas obras de teatro que despois grabará en vídeo e aloxará en Internet para compartilas cos socios e co resto da comunidade educativa. Trátase dunha proposta curricular orixinal e cunha clara planificación inicial que engloba as áreas de Coñecemento do Medio, Educación Artística, Xeografía, Lingua e Literatura e a materia de Teatro.

imagen 2 tarap

 

Coñecer e situar xeográficamente os lugares de irmandamentos e establecer comunicación cos socios complementan os obxectivos específicos do proxecto tales como familiarizarse cos elementos de escena, redacción de textos, deseño de decorados e vestiario así como experimentación e selección das ferramentas máis axeitadas para a gravación e aloxamento na rede.

 

Ata esta data cubríronse varias actividades entre as que destacamos a realización dun vídeo de motivación a cargo do profesorado participante, diversos vídeos de presentación individual e colectiva de alumnos e documentos gráficos varios onde se deron a coñecer as localidades de irmandamento.

    

Durante o nadal os alumnos poidéronse estrenar na escena con pequenas pezas e nestes meses estamos asistindo ó desenvolvemento de propostas máis ambiciosas guiadas polo principio 'we write- you act' na que os alumnos representan de forma colaborativa pezas escritas polos socios.

imagen 3 tarapNo  terceiro trimestre,  a  través da técnica, 'we start you continue'  os alumnos deberán retomar e continuar coa redacción dunha peza iniciada polos socios, estudar os elementos do espazo escénico, decorados, vestiario, enfrentarse unha vez máis coa escena e dar difusión ós materiais para o que deberán aprender a usar programas de edición de audio e vídeo e estudar o soporte dixital máis axeitado para subilo á rede. Sen dúbida, unha proposta completa e motivadora que pon a proba as dotes non só interpretativas dos alumnos senón ademais a súa capacidade de afrontar novos retos e poder resolvelos dentro dunha ampla marxe creativa. Desde o Servizo Nacional de Apoio eTwinning felicitamos ó profesorado participante por este tipo de propostas onde se combinan habilmente autonomía na aprendizaxe, diversión, e imaxinación.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar