SMILIE Maths Com'eT

31 
Out 
2013  |  
 

 

logoSMILIE mathsSMILIE (Some Maths In Life In Europe) Maths Com'eT é un proxecto Comenius de dous anos de duración no que participa como coordinadora a docente Carmen Belén Muñoz Carmona do IES José Navarro y Alba (Archidona, Andalucía) en colaboración con sete centros de Francia, España, Alemania e Reino Unido.

 

 

 

 

 

O proxecto persigue o deseño e desenvolvemento de actividades matemáticas centradas no ámbito das funcións e a xeometría, cunha clara aplicación á vida cotiá, e integrando outras áreas do currículo como a Física e Linguas Estranxeiras. O produto final é unha wiki, dentro do propio TwinSpace, na que se ofrecen todas as actividades e problemas matemáticos propostos polos alumnos en cuxo deseño e resolución participaron en agrupacións de traballo de nacionalidade mixta.

 

Un dos aspectos máis destacados do proxecto é o claro reparto de tarefas entre os países socios que propiciou o correcto desenvolvemento de cada unha das fases do proxecto. A lingua de traballo e comunicación foi o inglés.

 

Os alumnos colaboraron, unhas veces en liña e outras, de forma presencial, aproveitando as visitas Comenius. Froito desta activa colaboración foron os talleres prácticos de resolución de problemas matemáticos e uso de Xeogebra, as visitas culturais atendendo a aspectos matemáticos observados na arquitectura dos edificios, os diccionarios matemáticos, así como a elaboración de vídeos e pósters nos que os alumnos describen o proceso seguido para a resolución de los distintos problemas expostos ós grupos.

 

O TwinSpace foi usado para compartir materiais, a documentación e planificación do proxecto Comenius, así como as distintas accións de difusión en cada unha das etapas de desenvolvemento. Todo o material elaborado, tal e como mencionamos anteriormente,  ubícase nunha wiki interna. Todo o proceso de traballo así como as visitas a centros está moi ben documentada en Timetoast,  polo que constitúe  un modelo de traballo claramente reutilizable por futuros docentes. O mesmo podería dicirse do material específico aloxado na wiki, unha valiosa base de datos de 150 problemas matemáticos de acceso aberto acompañados da resolución polos propios alumnos.

SMILIE timeline

O proxecto conseguiu implicar, en cada un dos países participantes, á comunidade escolar e ás institucións de administración local e realizouse difusión do mesmo a través de prensa local escrita.

foto grupo SMILIE visita Granada

Desde o SNA felicitamos ós docentes e alumnos participantes por promover un modelo innovador de aprendizaxe das matemáticas con aplicación á vida real, no que se combina habilmente o traballo en equipo, o uso dunha lingua estranxeira como soporte de comunicación e o fomento dunha identidade común europea. Noraboa a todos.

Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar