Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / European Passport of Languages
.

European Passport of Languages

10 
Out 
2014  |  

eupasslan logo

European Passport of Languages é un innovador proxecto eTwinning no que participan centros escolares de España, Georgia, Italia, Polonia, Rumanía e Eslovenia.

 

 

 

 

 

 

 

O proxecto parte da idea de que os alumnos viaxen dunha forma virtual por Europa usando un pasaporte de linguas no que recollen os contidos curriculares da área de Lingua Inglesa. Os alumnos traballan os distintos contidos desde unha perspectiva motivadora ó tempo que desenvolven competencias básicas (comunicación lingüística, dixital, social e cidadá, autonomía e iniciativa persoal).

Pintando mapa european passport

Facendo un uso real da lingua inglesa como vehículo de comunicación van deseñando e aportando suxerencias ó desenvolvemento do proxecto polo que pon  en marcha procesos mentais que fomentan a súa creatividade e asumen un papel protagonista na súa propia aprendizaxe. A planificación do proxecto xira en torno a 6 actividades que  os alumnos realizan en agrupacións  de nacionalidade mixta dacordo coas indicacións do profesor mentor.

europeanpassport measuringonmap

Atopamos actividades e documentos diversos desde presentacións, concursos de panxoliñas, xogos e votacións, actividades deportivas, entrevistas, titoriais elaborados polos docentes, unha curiosa avaliación de resultados empregando emoticonos etc. Observamos que se combina o uso das funcionalidades propias da plataforma eTwinning con ferramentas 2.0. como Smore (creación de folletos multimedia para organizar e publicar actividades finais), ooVoo (videoconferencia), Glogster (elaboración póster multimedia), Tripline (xeolocalización dos países participantes), MeetingWords e Padlet (muros virtuais para escritura colaborativa), Goanimate (presentacións animadas), Youtube, GoogleDrive (compartir documentos) e redes sociais como Pinterest, Facebook, Twitter, e Google+ (difusión). Os socios intercambian mensaxes de correo electrónico, coñécense e aclaran procedementos na realización de actividades, xestión de arquivos e asignación de tarefas.

 European passport evaluation

Os profesores participantes descríbennos da seguinte maneira o desenvolvemento do proxecto:

O proxecto consiste na creación en Smore dun pasaporte que recolle os contidos curriculares traballados na área de Inglés, mediante a realización de actividades que permiten desenvolvelos e asimilalos.

En gran parte das tarefas, existiu un alto grao de colaboración.  Creáronse grupos internacionais para fomentar o uso da lingua estranxeira en contextos máis cercanos á realidade, creando a figura do profesor-mentor como o encargado de supervisar e dirixir o traballo de cada grupo internacional.

Traballáronse contidos como as receitas que realizamos en Glogster, a cidade cuxa actividade completamos con presentacións amosadas nunhas videoconferencias, preparamos entrevistas a deportistas famosos para traballar os gustos de cada un e as preguntas máis habituais. Grazas ós grupos internacionais, as actividades realizadas resultaron máis enriquecedoras.

Desde o SNA felicitamos a profesores e alumnos participantes por fomentar a dimensión europea nos seus respectivos centros escolares, proporcionar ós alumnos a oportunidade de practicar a Lingua Inglesa nun contexto real e promover unha aprendizaxe activa e motivadora.

 

Fonte des imaxes: TwinSpace do proxecto.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar