Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / ETT Comenius (European Tales and Treasures)
.

ETT Comenius (European Tales and Treasures)

12 
set 
2014  |  
 

 

ETT logo

ETT Comenius (European Tales and Treasures) é un proxecto eTwinning-Comenius entre seis países sobre temática de contos e lendas populares. O proxecto está dirixido a alumnos de 12-16 anos, e presenta unha orientación interdisciplinar (Linguas Estranxeiras, e ademais aspectos propios de Historia da Cultura, Lingua e Literatura, Comunicación Audiovisual)

 

 

Cada país comparte unha das súas lendas populares para que os seus homólogos as representen usando diferentes formatos de cómic, póster, presentacións en Powerpoint e Shoebox , manualidades realizadas polos alumnos, representacións teatrais. Todos estes materiais son intercambiados e  vanse aloxando no TwinSpace. Ademais crean un himno común do proxecto que inclúe as historias redactadas polos centros socios e un apartado de receitas conxuntas. Sérvense dun cofre simbólico que viaxa de país en país con documentación de cada país.

O desenvolvemento do proxecto contribuíu a fomentar as competencias básicas do alumnado e incrementado a súa motivación e interese por coñecer outras culturas e valorar o traballo en equipo.

É destacable o apartado de avaliación no que se involucrou non só ós alumnos senón tamén ós pais dos alumnos participantes. O proxecto serviu para potenciar a dimensión europea no centro como resultado do labor de investigación e intercambio de lendas entre os centros socios. O proxecto tamén contribuíu á mellora das competencias básicas no alumnado.

Fonte das imaxes: Proxecto European Tales and Treasures

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar