Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / Matemáticas para viajar a las ciudades (in)visibles
.

Matemáticas para viajar a las ciudades (in)visibles

30 
Abr 
2014  |  

matemáticas invisibles cabeceroMatemáticas para viajar a las ciudades (in)visibles es un proyecto imaginativo que pretende dar a conocer seis ciudades y descubrir en ellas diferentes aspectos matemáticos del currículo.

 

 

 

 

O feito de buscar as matemáticas na vida real, fóra da aula, e poñer está área de coñecemento en conexión con outras aparentemente humanísticas constitúe un enfoque sen dúbida orixinal. As dúas fundadoras do proxecto relátannos no seguinte artigo a súa experiencia durante a realización do proxecto e os seus beneficios para a comunidade educativa:

Este proxecto toma o seu nome do libro de Italo Calvino “As cidades invisibles”, unha obra fantástica inspirada nos cadernos de viaxe de Marco Polo. En “As cidades invisibles” Calvino achéganos a través da súa prosa poética a un poliédrico espello de lugares escondidos (as cidades invisibles) coas súas memorias, desexos, trocos, signos... amosándonos as diversas ópticas desde as que achegarse a esas cidades.

Esta idea resultounos moi interesante, pois pensabamos que era unha forma de presentar ó noso alumnado outras cidades europeas, distintas das súas, coñecendo  nelas a diversidade das súas múltiples caras. Pensamos que podería encaixar nunha proposta dentro do programa eTwinning, no cal un obxectivo importante é coñecer e compartir experiencias con outros países do noso entorno europeo.

viajar matemáticas ciudades invisibles

Marco Polo e outros viaxeiros que coma el, a través da ruta da seda, por exemplo,  aportaron coñecementos e saberes doutras culturas, fixeron de Europa o que hoxe é, e o que queremos que siga sendo, un lugar onde caben e se mesturan as diferentes culturas. Como dicía Doris Lessing no seu discurso durante a recepción do premio Príncipe de Asturias  1:

”Cando me sinto pesimista pola situación do mundo, a miúdo penso naquela época, aquí en España, a principios da Idade Media, en Córdoba, en Granada, en Toledo,  noutras cidades do sur, onde cristiáns, musulmáns e xudeus convivían en harmonía; poetas, músicos, escritores, sabios, todos xuntos, admirándose  uns ós outros, axudándose mutuamente. Durou tres séculos. Esta marabillosa cultura durou tres séculos. ¿Viuse algo parecido no mundo? O que foi pode volver a ser“.

Con estas premisas iniciamos o noso proxecto. O traballo durou 6 intensos meses e foi realizado por 44 alumnas e alumnos checos e españois en español.

Queríamos traballar cun enfoque multidisciplinar con cidades en ambos países, así que o primeiro foi elixir un criterio obxectivo para seleccionar qué cidades debían estar presentes no proxecto. A idea foi quedarnos con aquelas que, elas mesmas no seu conxunto ou algún dos seus monumentos estivera na lista de Patrimonio da humanidade da UNESCO. As cidades que eliximos foron:

Brno, Český Krumlov, Lednice, Praga, Telč, Zd'ar nad Sazávou na República Checa e Santiago de Compostela, Toledo, Granada, Madrid, Barcelona e Valencia en España.

matemáticas viajar ciudades invisibles map

Nesta selección, a nosa pretensión era que os estudantes coñeceran algunhas das súas partes (in)visibles, e desde diversos aspectos non só o matemático, senón tamén artístico, histórico, literario,...etc. Así que nos lanzamos á aventura de crear unha serie de unidades didácticas que axudasen ós rapaces/as a descubrir estes aspectos “menos visibles” no barroco Compostelano, o rectángulo áureo e Mies Van den Rohe na Villa Tugendat, Dalí e o número de ouro a propósito da visita a Zd'ar nad Sazávou, os mosaicos da Alhambra de Granada, a lonxa de mercaderes de Valencia, as catenarias da Sagrada Familia, ...

viaje matemáticas invisibles 1

O espazo de traballo TwinSpace prové de ferramentas moi útiles para poder realizar un bo traballo en equipo, pese ás dificultades intrínsecas que conleva desenvolver un proxecto na distancia. Nós intentamos aproveitar as ferramentas que este nos proporcionaba: chat, foros, editor wiki, editor web... aínda que para algunhas tarefas tamén utilizamos ferramentas externas: Webquest, Skype,...

videoconfernc viajar matematicas invisi

A primeira fase do proxecto foi para coñecerse. Queríamos que os alumnos e alumnas se coñeceran e falaran dos seus países, do que lles gustaba, de todo aquilo que podería acabar achegándoos, en definitiva.

Para isto creamos un foro no espazo de traballo TwinSpace que consistía nun café virtual “Café Doña Urbanita”, nel déronse conta, contábannolo despois nas clases, de que lles gustaban os mesmos libros, a mesma música, as mesmas series; e incluso os disfraces de carnavais tradicionais dalgunhas zonas dun país e outro tiñan semellanzas!.

Neste foro debían realizar ademais algunhas tarefas, como discutir sobre algún fragmento do libro de Italo Calvino:

 

 

 

 

 

 

Marco Polo describe unha ponte, pedra por pedra.

 

·         ¿Pero cal é a pedra que sostén a ponte? - pregunta Kublai Kan.

 

·         A ponte non está sostida por esta pedra ou por aquela – responde Marco- senón pola liña do arco que elas forman.

 

Kublai permanece silencioso, reflexionando. Despois engade:

 

·         ¿Por que me falas das pedras? É só o arco o que me importa.

 

Polo responde:

 

·         Sen pedras non hai arco.

 

Ademais destas actividades no foro para romper o xeo, cada país, traballando por grupos preparou uns pequenos documentos sobre as cidades para subir ó espazo de traballo Twinspace e para presentar ós demais a través de videoconferencia.

 

https://picasaweb.google.com/lh/photoEj9l9IHpgdfKIT6RCqINQtMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink

 

O resto do proceso de traballo e a metodoloxía empregada en cada unha das partes do proxecto poden verse no seguinte enlace.

 

Tamén atoparedes máis información sobre eTwinautas nas cidades (in)visibles nos seguintes enlaces:

 

·         Radio Praga

 

·         http://openeducationeuropa.eu/en/blogs/matem-ticas-para-viajar-las-ciudades-invisibles-etwinning-project-through-mathematics-spanish-

 

Radio Praga matemáticas invisibles

A modo de conclusión, gustaríanos comentar que estamos moi satisfeitas dos resultados obtidos co proxecto, non obstante, non estivo exento de dificultades. Gustaríanos compartir algunhas, quizais a alguén lle poida ser útil coñecer cómo tratamos de solventalas:

 

 

O CPI Viaño Pequeno é un centro rural e houbo moitos problemas con Internet, problemas que tamén teñen os estudantes nas súas casas. Para intentar reducir as actividades que requerían unha maior disponibilidade de conexión á rede, optamos por presentarlles o traballo a modo de Websquest, dándolle así a posibilidade de realizalo offline, a diferenza do grupo checo, que traballou a través da Wiki do TwinSpace.

Os horarios, moi diferentes, de ambos centros fixeron que tivésemos que reducir as sesións de videoconferencia que inicialmente tiñamos planificado e facer maior uso de ferramentas asíncronas como blog e foros.

viajar ciudades invisibles videoconference2

Pensamos que o que quizais complicou máis o proceso de traballo foi a nosa enorme ambición: fixemos un proxecto que abarcaba moito en pouco tempo. Precisamente por isto sentimos unha gran emoción e satisfación polo traballo logrado polo alumnado. Ademais, a mellor recompensa que tivemos disto é que a maioría estaban expectantes por continualo este ano e de feito, lanzamos este curso 2014 “etwinautas nas cidades invisibles”, retomando o proxecto anterior, con máis socios e novas localizacións a coñecer en Europa.

Despois desta experiencia, valoramos moi positivamente os proxectos eTwinning polo que supón de contacto entre as e os rapaces que serán o futuro de Europa, pensamos que traballar neste proxecto en particular fixo que o noso alumnado fose un pouco máis consciente da riqueza cultural desta unión de nacións.

 

Mª del Carmen Buitrón Pérez

CPI Viaño Pequeno, Viaño Pequeno, España

Olga Martínez Cancelas

Klasické a španělské gymnázium, Brno-Bystrc, Brno, República Checa

 

 

Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar