Un, dous, tres... On tourne!

10 
Dec 
2014  |  
 

 

 

 

undostreson tourne 

“Un, dous, tres… On tourne!” é un proxecto eTwinning no que participaron o IES Itaca (Tomares, Andalucía) e  o Colexio Voltaire (Saint-Florent-sur-Cher, Francia) no que os alumnos se convirten en activos reporteiros de diversos programas de TV.

 

 

 

 

O proxecto destaca por unha boa organización e planificación inicial por parte das dúas docentes coordinadoras, que procuraron en todo momento un  reparto equitativo de tarefas entre os alumnos participantes. A metodoloxía favorece a autonomía dos alumnos e a súa creatividade. O alumno convírtese así en protagonista do desenvolvemento do proxecto, participando activamente en tarefas de investigación, intercambio, comparación de información e autoavaliación de resultados.

 

Atopamos actividades realizadas en paralelo en cada centro, pero tamén actividades que se realizan en grupos de alumnos de nacionalidade mixta, o que favorece a colaboración e o traballo en equipo. Promóvese tamén o desenvolvemento de competencias socioculturais e lingüísticas. Os alumnos comunícanse en francés e castelán nun contexto significativo de uso da lingua no que  usan a información remitida por outros, piden axuda, aclaran aspectos, solicitan opinión, redactan de forma conxunta  guións, escoitan grabacións e finalmente preparan e realizan  enquisas e votacións

internet un dos tres

Procurouse que a temática de cada programa de TV coincida con contidos curriculares do ámbito das Linguas Estranxeiras.  Desta forma, o primeiro programa ‘¿Somos iguales? ‘ serve de escusa para traballar descricións físicas e de personalidade e  afección.  O segundo programa ‘¡Que aproveite!’ aborda todo o vocabulario relacionado coa gastronomía de cada país socio. No terceiro programa ‘Internet y nosotros’ os alumnos reflexionan sobre as vantaxes e inconvenientes de Internet e as redes sociais.

O proxecto tamén proporcionou ós alumnos un amplo  campo de experimentación coas TIC. Toda a etapa de redacción de guións, grabación, rodaxe e montaxe de vídeos  permitiulles tomar contacto con ferramentas de edición de son e vídeo (MovieMaker e Imovie), presentacións (Animoto , Flixpress, Kizoa), uso de cuestionarios  de avaliación en liña (GoogleForm, Eval&Go, SurveyMonkey), muros virtuais  para compartir consellos (Paddlet).

evaluat un dos tres

Tanto o Twinspace como o blog do proxecto destacan por una efectiva organización das  actividades desenvoltas, un acertado deseño e  a claridade e calidade  nos contidos.

Un ano xuntos eTwinning

Desde o SNA eTwinnning felicitamos ós docentes e alumnos participantes, por un proxecto colaborativo e creativo que promove o traballo en equipo e o respecto pola  diversidade sociocultural e lingüística.

 

Fonte das imaxes: TwinSpace do Proxecto.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar