Inicio / Proxectos / Proxectos destacados / A small step for us, a giant leap for Europe
.

A small step for us, a giant leap for Europe

04 
Dec 
2013  |  
 

 

a small step for us logoA small step for us, a giant leap for Europe é un proxecto de intercambio de noticias que coordina a docente Mercedes García Guerrero (Colegio Caja Granada) en colaboración coa súa socia Francesc Romero Gutiérrez do centro sueco (Fredrikshov Slott Scoala).

 

 

 

 

 

Os alumnos intercambian mensualmente noticias destacadas do seu ámbito escolar, a súa cidade e a súa cultura. Este desenvolvemento de proxecto permítelles ir creando un entorno común de vivencias e unha maior conciencia como ciudadanos europeos. O traballo mensual culmina coa elaboración dun noticiario común no que se plasma a realidade dos países participantes, a súa cultura e a súa actualidade.

O inglés é a lingua vehicular elixida para comunicarse co socio, o que permite enriquecer o  perfil lingüístico do alumnado e ir afinando as súas competencias no manexo desta segunda lingua nun contexto real de uso.

Unha parte importante do proxecto desenvólvese no propio ámbito da familia que, polo menos unha vez ó mes, se reúne para ver e comentar as noticias e axudar ós alumnos a identificar os eventos máis destacados dentro do ámbito nacional e o entorno local.

Un riguroso proceso de planificación e asignación de tarefas entre os participantes facilita o desenvolvemento do traballo e a entrega puntual nas datas acordadadas de cada un dos noticiarios mensuais.  Os centros intercambian os  materiais a través de diversos soportes (blog, Dropbox, wiki). Cada centro encárgase de elaborar o seu  noticiario local experimentando con distintos formatos de vídeo e software de presentacións e comparte resultados con centro socio. A primeira semana do mes nunha sesión de Skype os alumnos comentan os materiais creados. O proxecto está aínda en fase de desenvolvemento pero teñen intención de publicar un anuario dixital ó final do curso que cada centro conservará como libro de referencia para ser difundido e disfrutado por todos os membros da Comunidade Educativa.

a small step for us logoAs actividades realizadas ata a data son moi variadas e reforzan o traballo en equipo, o diálogo e debate entre os alumnos. Destacamos, entre outras, a actividade de lectura  do primeiro capítulo orixinal de Alice in Wonderland (Lewis Carroll) e a súa comparación coa película realizada polo director Tim Burton. O concurso de Young Graphic Illustrators que puña a proba as habilidades dos alumnos como debuxantes de cómic tomando como referencia a obra de Lewis Carroll.  O achegamento ós máis novos á linguaxe publicitaria a través de xogos e o concurso de spots publicitarios en formato de vídeo.

Cómic gañador de Mikaela e Vendela:

 

É destacable tamén a colaboración de axentes externos que participan no desenvolvemento  dalgunhas das súas actividades como por exemplo, o encontro virtual a través de Google Hangout dos alumnos dos centros participantes co director cinematográfico, J. M. Asensio, que contesta a cuestións cinematográficas diversas formuladas polos propios alumnos, espertando neles o interese polo mundo do cine.

 

Desde o SNA felicitamos a docentes e alumnos participantes no proxecto desexando que o seu traballo siga avanzando a bo ritmo e nos sigan sorprendendo con orixinales propostas que  fomenten a autonomía da aprendizaxe, o traballo colaborativo e a creatividade do alumnado.

Fonte Imaxes: Fotocomposición SNA e materiais audiovisuais do desenvolvemento do proxecto.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar