Inicio / Premios eTwinning 2012 / Family Lab, ensinar e aprender valores
.

Family Lab, ensinar e aprender valores

13 
Abr 
2012  |  

Título: Family Lab

Etapa educativa: Educación Secundaria Obrigatoria

Asignatura: Interdisciplinar

logo_FamilyLabDe Alemania, España, Polonia e Reino Unido procede o equipo multicultural que  protagonizou este proxecto.

 

 

 

 

 

 

Dous centros españois con alumnos de 3º e 4º de ESO, o IES Marina Cebrián e o IES Viera e Clavijo (Santa Cruz de Tenerife), participaron activamente baixo a coordinación da profesora María del Carmen Rodríguez García durante dous cursos escolares (2010-2012) 

Co fin de que o alumnado descubrira e comparara as normas básicas de conduta nos diferentes países, os docentes propuxeron ós seus estudantes un suxerente reto: convertir a un adolescente travieso, maleducado e con diversos problemas de conduta (adiccións, maltrato, etc.), nun adulto educado e social. Con estas características, creouse un personaxe ficticio, Willy, que incluso se matriculou no IES Marina Cebrián e viaxou virtualmente por todos os centros participantes. Os estudantes analizaron, de forma creativa, distintos problemas sociais da actualidade e interiorizaron normas e valores universais, tal como amosan as palabras de Thorahi Felipe Ver, unha das alumnas participantes: "Grazas a Willy deime conta que, nalgunhas ocasións, eu tamén me comportaba como el e que tiña que respectar ós meus pais e profes. Aprendín normas e costumes  doutros países."

A profesora española, Mª del Carmen Rodríguez García, di: "levaron a cabo cada tarefa con paixón e compromiso. Ademais, o proxecto toca temas moi importantes que lles interesan e ensinan os valores humanos e universais que deben aplicar nas súas vidas. O proxecto contribuíu á mellora da convivencia escolar e disciplina do centro, o que redunda positivamente no rendemento. Permite unha maior participación das familias e institucións e de toda a comunidade educativa na vida do centro".

Nun principio, a idea era crear un cómic internacional protagonizado por Willy  co que reflectir un comportamento correcto en diversas situacións cotiás de toda Europa. A creación de grupos de nacionalidade mixta para levar a cabo este traballo, permitiu ós estudantes, ademais, comparar as normas que regulan certos actos nos distintos países. E foi tal a  súa implicación que, ademais do cómic, realizaron sketches cos que representaron fielmente diferentes escenas típicas, vídeos protocolares, divertidos pósters dixitais sobre normas básicas, podcasts coas normas dos centros, chistes, debuxos, logos, poemas, vídeos e animacións sobre Willy, etc. En definitiva unha inmensa cantidade de material en distintos formatos pero de gran atractivo para ser empregado nos centros escolares.

Abordando temas como o medio ambiente, a convivencia familiar, os bos hábitos alimenticios, a práctica de deporte, etc., o proxecto converteuse nun excelente método para traballar, de forma interdisciplinar, algúns contidos transversais do currículo, como a educación en valores e as tecnoloxías da información e a comunicación. En canto a estas últimas, os produtos realizados nas diversas actividades, requeriron o uso dunha gran variedade de ferramentas TIC por parte do alumnado: Comic Life para os cómics, Windows Movie Maker para pequenas películas de animación, Photoshop para editar imaxes, Power Point para facer presentacións, VoiceThread tamén para presentar algunhas normas básicas, Scrapblog e Glogster para os pósters dixitais, Scribd para publicar algúns materiais, Flash-meeting para videoconferencias, etc.

Nicolás Nieves Ramírez, outro integrante do grupo de estudantes españois, non só destaca a aprendizaxe de normas e valores, senón tamén o uso de ferramentas TIC e, sobre todo, a práctica do inglés: "Aprendín e divertinme moito manexando o programa Comic Life, colocando viñetas de todo o correcto que tiña que facer Willy, pero sobre todo, gustoume falar en inglés cos meus compañeiros de Alemania, Reino Unido e Polonia. Fixemos moitos diálogos e debates para discutir o comportamento de Willy en inglés. Para o cómic, primeiro escribíamos en inglés frases sobre as normas que intercambiabamos cos nosos compañeiros europeos; as frases dicíannolas os nosos profesores, pais, avós ..., logo buscabamos imaxes sobre a familia Sims, Simpson, fotos reais, debuxos reais e animados, etc. Realizabamos un vídeo, cartel dixital ou o cómic, asociando as normas nunha situación concreta do personaxe Willy, por exemplo, Willy na casa, escola, cos seus veciños, cos seus amigos, coa súa novia, etc."

Incluso prepararon e disfrutaron doutras actividades extraescolares que tamén se vincularon ó proxecto. Os estudantes españois, por exemplo,taller_familylab visitaron unha residencia de anciáns e puideron, a partir de experiencias narradas en primeira persona, comparar a educación que eles mesmos reciben na actualidade, coa que se transmitía ás xeneracións anteriores. Tamén tuveron a oportunidade de comprobar certas diferenzas ó respecto entre os estudantes e as súas propias familias, ó participar conxuntamente en talleres e debates sobre a igualdade e a violencia de xénero. Pero tamén houbo tempo para celebrar conxuntamente algúns días sinalados, como o día de Europa, ou o 5º cumpleaños de eTwinning. Ós actos organizados para isto, non só foron invitados estudantes e familias, senón que tamén asistiron algunhas autoridades locais.

Coma no resto dos proxectos que este ano foron seleccionados na convocatoria de premios nacionais eTwinning, o enderezo do centro apoiou o traballo realizado. Neste caso, Natalia Mª Fajardo González, directora do IES Marina Cebrían, di: "O desenvolvemento do proxecto Family Lab no noso centro permitiu, a través da experimentación e creatividade dos docentes, poñer en práctica novas estratexias metodolóxicas nun entorno de traballo colaborativo."

Carmen Gloria Herrera, nai dunha das alumnas españolas, reflicte tamén a satisfación co proxecto por parte deste colectivo da comunidade educativa: "Educar a Willy en valores e normas foi moi interesante e serviunos  para educar á nosa filla na convivencia diaria familiar, etc. A miña filla educou a Willy coas mesmas normas e valores ca nós e os seus avós lle estabamos inculcando".

O produto final de Family Lab é unha guía de normas moi útil para calquera que queira viaxar por Europa e foi obxecto de multitude de reportaxes en prensa e televisión local. Tamén recibiu o terceiro Premio eTwinning na convocatoria nacional de Polonia. Visita os seus enlaces e sorpréndete con todo o material publicado. Ademais, no seguinte vídeo podes ver a presentación que, sobre Family Lab, se amosou na entrega de Premios Nacionais eTwinning 2012 e que é un resumo claro do proxecto:

Embed Embed this video on your site

Enlaces:

TwinSpace: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p26158/welcome

Wiki: http://familylab.wikispaces.com/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar