Inicio / Premios eTwinning 2012 / El desafío de la lectura. Europe:Reading is also the future
.

El desafío de la lectura. Europe:Reading is also the future

12 
Mar 
2012  |  

Título: Europe: Reading is also the Future – Europa: La Lettura è anche il Futuro – Europa: La Lectura también es el Futuro

Etapa educativa: Infantil

Asignatura: Interdisciplinar

Imagen_logo_proyecto_europe_reading"Europe: Reading is also the Future" é o sexto proxecto de colaboración levado a cabo polo Colexio de Educación Infantil e Primaria Tremañes de Gijón e os seus amigos da Scuola dell’Infanzzia Opera de Noverasco di Opera, Milán, Italia.

 

 

Para espertar a creatividade dos alumnos de Infantil que integran este proxecto empregáronse dúas ideas innovadoras: poñer en marcha una campaña de animación á lectura en Europa e desenvolver un taller colaborativo de creación literaria.

Aparte destes obxectivos principais, os profesores socios tiveron  en conta integrar e relacionar os principais símbolos e valores da Unión Europea coas actividades realizadas en torno á lectura. É por isto que os casi 70 alumnos de 4 e 5 anos deste proxecto se familiarizan coa bandeira da Unión Europea a través do logotipo do proxecto e o himno da Unión interpretado con frauta doce por un grupo de alumnos de Primaria que serviu de acompañamento ós vídeos que realizaron. Tal e como indican os docentes participantes, o proxecto pretende transmitir o concepto dunha Europa 'unida na diversidade' e toma a súa inspiración de fontes tales  como: "Mediante a lectura  facémonos contemporáneos de todos os homes e cidadáns de todos os países." (Ode, XV, à l’Académie française).

O proxecto conta cunha estupenda planificación que contempla en detalle as fases, actividades a realizar, contidos a xerar e a metodoloxía que se quere emplear. É evidente a boa comunicación e coordinación que existe entre os dous centros. Despois de seis proxectos eTwinning realizados de forma conxunta, os docentes italianos e españois  constitúen un equipo cun forte espíritu de cooperación e coordinación.

A viaxe no mundo da lectura comeza coa creación de equipos de nacionalidade mixta, idea que se materializou dunha maneira moi orixinal a través da figura do “corresponsal”; os nenos e nenas de Tremañes tiveron un ou máis “corresponsais” da mesma idade en Noverasco. E ¿que mellor maneira de coñecerse que mediante videoconferencia? Para moitos deles, era o primeiro acercamento ó mundo das TIC, así que os docentes ensaiarona varias veces para que os alumnos se sentiran a gusto e relaxados cando foran a coñecer ós seus novos amigos.


No blog do TwinSpace, o maestro Mariano Suárez, un dos membros do equipo docente do Colexio de Educación Infantil e Primaria Tremañes, fala sobre o encontro: “só queremos destacar como o uso das TIC cambiou a forma e o fondo da participación  destes nenos nos proxectos eTwinning. Realizar a primeira videoconferencia da súa vida representou para eles o descubrimento  dunha nova forma de comunicación, pero tamén permitiu convertir en "personaxes" máis reais ós seus corresponsais italianos. Foi un gran acerto organizar parellas de corresponsais, porque achega o sentimento de amizade e faino máis real; todo o grupo é amigo dos corresponsais italianos, pero o seu é xa o mellor amigo do mundo. En fin, unha gran experiencia.”

O entusiasmo do maestro foi compartido tamén polos nenos. Vexamos que opinaron algúns sobre a videoconferencia; de Tremañes, Sergio confesou que “O que máis me gustou é falar co meu amigo Cristian. Ó meu amigo atopeino no ordenador, na pantalla”, mentres que de Noveresco, Cristian dinos: “Vin ó meu amigo Sergio, é moi guapo. Quería falarlle moito, pero a mestra interrompeume…Buscoume a Sergio na clase do lado, pero non estaba. A miña mestra explicoume que Sergio está moi lonxe e que só co ordenador podo velo e falarlle. Vin Tremañes no mapa…está moi lonxe!!”.

Na primeira fase da súa campaña publicitaria de animación á lectura en Europa, os eTwinners españois e italianos decántanse pola creación duns carteis fotográficos publicitarios a favor dos libros e a lectura. Unha idea inxeniosa para poñer en marcha a fantasía e a creatividade dos nenos e nenas dos dous centros socios, ós que se lles familiariza co traballo en colaboración. Dentro das parellas ou pequenos grupos de corresponsais anteriormente formados, cada neno enviou ó seu corresponsal unha frase curta para expresar un motivo polo que é importante ler ou unha razón para disfrutar cos libros. Despois, na aula traballáronse as frases enviadas polos corresponsais ata que se puideron traducir en 70 carteis publicitarios cuxo obxectivo foi gañar máis adeptos dos libros e da lectura. A creación dos carteis brindoulles a estes nenos a oportunidade de aprender a respetar e traballar coas ideas dos seus compañeiros, viaxar polo máxico mundo da biblioteca para elixir o libro axitado para  o seu cartel e tomar un primeiro contacto coa fotografía. Vexamos a historia dun cartel de animación á lectura:


Na segunda etapa da campaña publicitaria, os nosos protagonistas de Tremañes e Noveresco transfórmanse eles mesmos en escritores  de contos dentro do taller colaborativo virtual de creación literaria, contos que despois publican nun libro dixital. As novas tecnoloxías apoianos de novo na súa aventura literaria. A innovadora técnica elixida polos profesores foi “Bit-cuentos”; ó principio, se disponse de 112 “bits” ou imaxes suxerentes dos que teñen que seleccionar só sete (2 personaxes, 1 paisaxe, 1 animal, 1 vehículo e 2 obxectos).  O taller de creación literaria foi iniciado da seguinte maneira:  unha clase comezou o conto e enviouno ó seu equipo corresponsal; este  continuouno e o devolveuno; unha vez recibido o conto, a clase que o iniciou imaxinou dous posibles finais e os seus corresponsaiss elixiron o final e o título para a historia.

A liberdade de crear o seu propio conto ilusionou moitísimo ó alumnado dos dous países e espertou dobremente a súa imaxinación, xa que, unha vez que a historia estaba lista, os nenos e nenas tamén ilustraron con debuxos orixinais os seus propios contos, que despois se publicaron en formato dixital. Para materializar as súas ideas artísticas, os profesores propuxéronlle FlockDraw, unha ferramentas que se pode utilizar de dúas maneiras distintas: debuxar e colorear individualmente ou en grupo, desde ordenadores distintos, ou  debuxar en tempo real xunto cos teus socios nunha pizarra dixital compartida, mentres podes chatear e falar sobre o traballo que se está realizando. Este proxecto sacoulle proveito a ambas opcións. Por un lado, as historias gozan de dúas ilustracións alternativas, xa que cada equipo fixo os seus propios debuxos. Por outro lado, o equipo de docentes dos alumnos de 4 anos á hora de realizar a portada do seu libro dixital apostou unha vez máis pola metodoloxía de colaboración logrando que nenos e nenas tiveran o seu encontro virtual cos socios e deixaran voar a súa imaxinación á vez que dibuxaban con FlockDraw.

Os profesores encargáronse de incluír no libro dixital tanto a variante en español, como a de italiano, de tal maneira que o resultado final é un libro de contos bilingüe. Vexamos unha parte da obra común de ambos alumnos en Calaméo:

A comunidade educativa estivo desde o principio implicada no proxecto. As familias  dos alumnos e alumnas de Infantil recibiron periódicamente cartas informativas sobre o desenvolvemento do proxecto, as actividades nas que os seus fillos e fillas estaban implicados, así como sobre as actividades que podían eles mesmos facer para participar no proxecto (acudir á exposición de carteis, prestar un libro da biblioteca municipal, etc.). Igualmente, podían seguir a marcha do proxecto no blog Falamos de literatura infantil, onde participaron activamente con comentarios ás entradas publicadas.

O proxecto culminou cunha exposición de carteis de animación á lectura nas bibliotecas de ambos municipios en sendos idiomas. O acto de inauguración da exposición contou coa presenza dos alumnos autores dos carteis e das súas familias, dos mestres responsables deste proxecto eTwinning, do director do colexio de Tremañes, da directora da Biblioteca Municipal de La Calzada, da responsable de proxectos eTwinning en Asturias, etc. Para os maiores, a exposición foi unha verdadeira sorpresa ó comprobar que uns nenos e nenas que non saben moi ben escribir e ler, intúen co seu candor e inxenuidade o verdadeiro valor da lectura e dos libros. Por outro lado, para os máis pequenos, ver que poden expresar as súas opinións ante o mundo dos adultos e que o seu traballo se expón nun contexto propio dos adultos (a biblioteca, periódicos locais, o blog) representou unha experiencia extraordinaria.

Unha vez rematado o proxecto, os alumnos de Tremañes e Noverasco, xa por entón amigos, despedíronse da mesma maneira na que comezaron a súa atrevida aventura no mundo dos libros, a través dunha videoconferencia.

Coñecer a outros alumnos europeos con distinta cultura e o seu idioma, traballar en colaboración aprendendo a valorar e poñer en práctica as ideas dos outros, compartir opinións, sensacións e experiencias, crear vínculos de amizade entre alumnos e profesores de distintos países, e facer todo isto coa axuda das TIC, garantiron o éxito  deste proxecto eTwinning. Pola súa parte, o mestre Mariano Suárez cóntanos as súas impresións: "¿Algo que destacar do proxecto? É difícil escoller, pero se teño que facelo quizais me quedo con dúas sorpresas que me deron estes ”piratas” de 4 e 5 anos.  Sorprendeume o fácil e ilusionante que lles resultou traballar en equipos mixtos internacionais, asumindo e desenvolvendo as ideas dos seus corresponsais. Tamén quedei moi satisfeito do seu achegamento a novas ferramentas TIC: Skype para as súas primeiras videoconferencias, FlockDraw en pizarra dixital para o debuxo colaborativo. É dicir: capacidade para o traballo en equipo e a distancia, capacidade para a comunicación e a creación mediante as TIC. ¿Que máis lles podemos pedir? O futuro é seu e eTwinning estivo, nalgún momento da súa vida, axudándolles a atopalo. Grazas por isto, eTwinning."

Embed Embed this video on your site

Descubre o proxecto e todos os materiais creados nos seguintes links.

Enlaces:

TwinSpace: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p37240/welcome

Blog Hablamos de Literatura Infantil: http://infantiltremanes.wordpress.com/europe-reading-is-also-the-future-etwinning-project/

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar